Castroverde-Lugo, 04-09-06
Benqueridos amigos e amigas:
A seguir fago un brevísimo resumo do roteiro do pasado sábado.
Por
Manuel Muñiz
Presidente
Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
Tal como estaba previsto, o pasado día dous de setembro, tivo lugar o roteiro por terras de Montecubeiro. Xosé Mª Gómez Vilabella deleitounos coas súas explicacións arredor da lenda do Rego dos Lagartos. Dicir, que este lugar encóntrase preto da entrada da parroquia de Pena, desde aquí temos unha fermosa vista do pazo de Carballedo. A seguir visitamos as fontes do río Azúmara, que lástima que as obras da estrada da Deputación desfixeran o encanto destas fontes. Logo subimos ao Castro de Sarceda, e á zona da Insua onde disfrutamos da explicación da teoría do “Medullius”, que segundo o relator, estaría relacionado co monte de Monciro. Comentar que desde aquí se ven os lugares de: O Castelo, Berlán, O Escouredo, San Cibrao, entre outros lugares da parroquia de Montecubeiro. A seguir baixamos ás Cabozas, onde había un cruceiro, que era un marco indicativo, entre outras cousas, pero que os malos trazados da estrada, ten feito verdadeiros estragos, desde aquí pedimos que se faga o posible para recuperar este cruceiro. Petición que facemos a Cultura ou a Patrimonio para que boten unha man neste asunto.
Seguidamente baixamos ao muiño da Laxe ou Veiga, onde Xosé María, o muiñeiro, nos explicou todo o funcionamento e detalles do muíño, con aspectos ben significativos, como poden ser as pedras que antigamente levaban os rodicios, ou a técnica para que cando se rematara a muxega o muíño parara de funcionar. Desde aquí dámoslle as grazas, e facemos votos para que sigan funcionando estes vellos muíños. A seguir explicación de Xosé Mª G. Vilabella, sobre a torre de Bascuas e capela dos Penallos. Logo fomos ver o desastre que provocou a estrada da Deputación coa perda dun mazo e muíño de Bscuas, unha verdadeira lástima, e dicir que aínda hoxe a estrada está sen rematar, logo da desfeita...
Máis tarde fomos ao Castro de Maxide, que aínda conserva bastente ben os seus muros, e que debeu ter certa importancia na súa época. Temos que ter en conta que estamos nunha zona de castros e moi relacionada coa teoría do “Medulius”- Monciro.
Aperitivo nas Anduriñas, no lugar de Berlán, e que desde aquí damos as grazas a Xosé María e a súa familia pola boa acollida.
Para rematar a mañá subimos a S. Cibrao para ver o Convento e lembrar aos “caídos” da parroquia de Montecubeiro.
Pola tarde visitamos a parroquia de Bolaño e demos un paseo pola corredoira que vai arredor da Croa, camiño de Pozos. Dicir que Bolaño, como xa sabedes moitos, conserva bastante ben o seu patrimonio, como poden ser o quiosco da música, as lagas de enlagar o liño, o forno do cal etc.
Sen máis, recibe un cordial saúdo.
Algunhas imaxes do roteiro
Ao pe do monolito en homenaxe aos asasinados en Montecubeiro
Diante do muiño de Laxe
Diante do rego dos Lagartos
Nas fontes do Azúmara
No hay comentarios:
Publicar un comentario