
Resume da visita a Sárria – Barbadelo – Samos (21-10-06)
Como estaba prvisto, chegamos a Sárria arredor das 9:30 h. onde nos esperaban os da Asociación Arcas de Sárria. Comezamos a visita en Vigo de Sárria, un punto de información moi completo, que está á entrada da Vila vindo de Samos. Aquí puidemos saber que pasan peregrinos de todo o mundo. Desde aquí seguimos pola Praza de Galicia, Rúa do Peregrino, Escaleira da Fonte,
Igrexa de Santa Mariña.
Asociación Arcas de Sarria e Amigos do Patrimonio de Castroverde
Visita a Albergue privado, onde puidemos comprobar, que á parte dos Albergues públicos, a importancia da iniciativa privada. Isto mesmo se podería facer no Camiño Primitivo. Logo visitamos a Casa do Concello, onde puidemos visitar o Salón de Plenos, e outras dependencias, pero sobre todo tivemos a sorte de poder disfrutar dunha Vista panorámica de Sárria, que normalmente non se ve, referímonos á zona do Chanto, zona dos Institutos, camiño de Monforte. Igrexa de San Salvador, Torre da Fortaleza, Antigo Hospital de Santo Antón Abade (hoxe edificio dos xulgado). Miradoiro do Cárcere, onde temos a outra vista panorámica de Sárria, zona das Ínsuas, Gándara...

Visita ao Mosteiro de Santa María Madalena( Convento da Mercede) Aquí disfrutamos coas explicacións de Xaime Félix López Arias (Cronista Oficial de Sárria), a quen desde aquí lle dámos encarecidamente as grazas. Explicaicións das liñaxes, dos cambios da antiga igrexa románica pasando polo gótico Manuelino, ata as diferentes fachadas, onde se poden distinguir claramente os diferentes tipos de pedra e estilos. Puidemos saber de simboloxías; xudaicas, cristiáns, psicolóxicas etc, que se encontran no chan empedrado do claustro.
No patio do Mosteiro de Samos
Tamén disfrutamos coa visita á interesante biblioteca do Mosteiro. Desde aquí dámos as grazas aos Mercedarios.
Logo seguimos camiño de Barbadelo, baixamos á ponte da Áspera, para logo subir polo Souto e Castro das Paredes, aquí puidemos ver castiñeiros milenarios, e unha uriceira, que pensabamos que só era da zona do Cádavo- Fonsagrada. Subimos a Vilei para chegar a

O carballo de Barbadelo

Agardando que isto nos siga servindo para coñecer outros patrimonios, recibide un cordial saúdo.
Manuel Muñiz
Presidente
Subindo para Barbadelo
Manuel Muñiz
Presidente
Subindo para Barbadelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario