Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

13 enero, 2007

Un novo proxecto da Asociación

Proxecto para facer un catálogo de árbores senlleiras do Concello de Castroverde

As árbores son un dos elementos máis singulares da paisaxe. O noso concello aínda conserva un bo patrimonio delas que temos que conservar e para conservar protexer. A nosa Asociación comeza un proxecto de censar e inventariar nun catálogo os exemplares mais senlleiros. Amigos do Patrimonio de Castroverde anima a todos os socios e público en xeral a enviar as súas propostas para formar parte do catálogo de árbores senlleiras do concello de Castroverde. As propostas pódense enviar ao enderezo da Asociación, ou ben ao e_mail amigosdopatrimoniodecastroverde@yahoo.es.

INFORMACIÓN QUE DEBE CONSTAR NAS SOLICITUDES DE INCLUSIÓN NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS:

Datos do exemplar:

Especie ( castiñeiro,carballo, nogueira, etc)

Motivo da Catalogación
(biométrica, rareza, importancia historica, cultural...deberá estar acompañado da documentación disponible do exemplar que xustifique a súa condición de senlleira) .

Descripción /Medidas:
Altura
Perímetro a 1.3 m dende o pé
Diámetro da copa.

Idade de plantación (aproximada, en anos).

Localización:

Localización Administrativa.
Provincia

Concello

Parroquia

Lugar ou paraxe
Localización (respecto dalgún elemento que faga doada a sua localización)

Localización Xeográfica.
( senón é posible, faráse logo a través do SIGPAC)
Coordenadas UTM

Datos do Propietario:
Nome

Enderezo

Teléfono

Fotografías:
(varias dende angulos destintos e de tal xeito que se recollan os detalles máis interesantes e a panorámica xeral de toda a árbore na paraxe)

No hay comentarios: