Sentenzas, fías e ruadas na bisbarra de Castroverde
Corridas do galo e Tribunais da Pascua
-XII-
“Campo de Ares”,
porque foi propiedade, berce, de Ares de Maxide,
cofundador do Mosteiro Cisterciense de Meira.
esta contemporaneidade serve para datala con certa aproximación.
El
Boas! Desexo lles vaia ben – a toda esta familia.
Por aló, gracias a Dios, - comer comen de perilla.
Ela
As de contar a verdá: - comían ben si tiveran,
quiste ano a debilidá – deulles moita faterna.
El
¿Xa preguntais de onde son? – Mui pronto volo direi:
Son da provincia de Lugo, - nativo de Castro do Rei.
Ela
Éso é o que ti dis trampán! – Non seas un canalla,
que ti naciche tras da pota, - aló cerca de Baralla.
A muller, enrabechada coa mentira do seu home, descúbrenos, ou desoriéntanos, adrede por suposto, aludindo a unha orixe de campamento xitano.
El
Eu vinme moi comprometido – cando me foron chamar,
que tiña dado palabra – para ese pueblo de Ansemar.
Nos “Sermóns”, en todos xeralmente, a “muller” adoitaba facer o papel de sincera e de moderadora do home. Esta apreciación lévanos a considerar que, se ten habido un machismo considerable nesta bisbarra, tamén é certo que á muller sempre se lle deu e recoñeceu unha gran dignidade.
Ela
Nunca naide te chamou, - non te fagas de rogar;
que xa o contaron por aló – os veciños do lugar.
El
Ó saír de Castro de Rei – encontrei dous compañeiros
para facerme compañía – hastra chegar a Torneiros.
Ela
Eso si que foi verdá. – Atrancándolle o camiño,
hastra chegar a Torneiros – viñéronvos dous pollinos.
El
Desque saín de Torneiros – hasta os muíños de Pol,
non vos puiden descansar: - a pé, e ó lombo, co fol.
Ela
Alí estaban dúas mozas, - e tamén o muiñeiro;
e xa quedaban dicindo - ¡Ahí vai o carbueiro!
El
En Pol alquilei un faco, - por certo aquí o vedes,
que alí teño un amigo – donde xa parei máis veces.
Ela
O amigo iba cargado de trapos – que o levaba un trapeiro;
limpiáche de diante os ollos, - e sin parar hasta Mosteiro.
El
Cheguéivos logo a Mosteiro – e ordenei de xantar
alí na casa de José. - ¡Que gran sitio pra parar!
Ela
Fóivos certo que alí xantou: - ¡A mochila traina il,
que atopou un año morto – ahí para acó de Ramil!
As gargalladas, naquel ambiente, deberon ser sonadas.
El
Despois monte da cabalo; - por certo que iba ben ledo,
e perdímonos no camiño – aló xunto o Porto de Rielo.
Ela
Salíulle alí unha muller – e pegóulle unha turrada
que a sentíu aquí en Sarille – ise cesteiro da Graña.
Veño insistindo en que o Autor/es destes “parlamentos” non daban puntada sen fío; calquera cousa que dixen, por intranscendente que nos pareza hoxe, naquelas datas era unha velada alusión a algo ou por algo. Nisto da “turrada” está claro: No “Porto Rielo”, nunha casiña illada, da que xa nin sei se quedarán os cimentos, pero eu cheguei a vela en pé, vivía unha señora de mala nota á que chamaban “A Cabrona”; ¡a cabra, a “Cabrona”, deulle tal “turrada” que se oíu nada menos que en Sarille!
El
Cando cheguei a Sarille – vínvos cousas moi extrañas:
¡As cabras estaban na ouriceira – coméndolles as castañas!
Ela
Eso si que foi verdá. – Unhas tres fanegas de castañas
en menos de dous minutos – coméronllelas nove cabras.
El
Tamén os homes de Sarille – úsanvos da sua libertá.
Perguntaban unhos os outros - ¿Iste de onde será?
Chéirame que esta estrofa tamén ten máis retranca da que podamos percibir hoxe.
Ela
Algún deles quedaba dicindo: - Debe de ser un cereiro
que vai dar as conferencias – ahí a Montecubeiro.
¡Un cereiro, despectivamente, como indicando que as podía dar, ou que as daba, un iletrado calquera! Algunha pícara alusión habería nisto.
El
En casa do Capitán – queda un home moi formal,
que me puxo no camiño – aquí pro Campo do Val.
Chamábanlle Capitán, “Capitán” de Maxide porque era fillo dun Capitán que estivera na guerra de Cuba. Era un home moi xeneroso, pero arruinouse. Daquela tíñase por formal porque aínda non se desacreditara utilizando unha romana cun pirlo falso (pesa) para compra-los xamóns polas casas, de porta en porta. Desde aquel descubrimento, os veciños vendíanlle a mercadoría..., ¡despois de recortada e pesada!
O “Campo do Val”, que foi escenario de varias “Corridas”, tiña a singularidade de ter un pozo e un cruceiro no medio da explanada. O seu nome antigo era “Campo d´Ares”, da casa de “Ares”, segundo queda dito no encabezamento.
Ela
O mismo me dixo a min. – Colla por aquil carreiro,
que diante de vostede – tamén lle vai un trapeiro.
El
Agora que estou aquí – no medio desta familia,
vóuvos logo desengañar - das tonterías da vida.
Ela
No que vos diga iste home – eu non vos aconsello crer:
¡Se lle enchedes ben a andorga – non marcha daquí nun mes!
El
As de mirar o que dices – non me veñas ensultando,
que se che brinco nas plumas – déixote tiritando.
Ela
Tomás, éso agora xa pasou. – Non seas tan picadiño,
e trai esa bota pra acó, – non sea que verta o viño.
El
Pola bota non hai caso – se te arrimas o meu lado;
pero eu tamén quería – que me deras un cigarro.
Ela
Dios cho pague compañeiro, - nunca tu perdas as mañas;
toma ahora un tabaco – que che é dises de Canarias.
Si, daquela viña tabaco de Canarias, pero despois da guerra, rigorosamente racionado, mozos e vellos fumaban follas de tróqueles secas, séxase, “dixitalina” pura, pouco menos nociva cá cicuta.
El
Agora que tomei un vaso – e xa me puxen contento,
vamos falar das rapazas – que se está indo o tempo.
Ela
As verdades diste home – non debedes desprecialas:
Son verdades coma potes, - que xa o dicen as rapazas.
El
As que cortaron o pelo – vénsevos ben apuradas,
que agora vai de moda – eso das guedellas largas
Ela
É coma as bestas vellas, - que se lles pon a quina larga:
Cando as deixan entre os ollos – logo parecen aloucadas.
El
As que recortaron as sayas – ogano víronas perras;
como estivo o inverno malo, - enfriábanselles as pernas.
Se queredes ter, rapaces, - choios cas mozas solteiras,
habeis tratar de meterlles – o sinal nas faltriqueiras.
Ela
Pra que non se queixen – non lles diremos mais nada;
vamos agora cos mozuelos, - que tamén é boa canalla.
Os de vintecinco pra arriba – sónvos peores cas cabras,
que logo se dan unha volta – polas partes reservadas.
Cos que se van a Nova York, - mociñas tede cuidado,
que iste ano na parroquia – fixeron moito destrago.
Posible alusión a algún fillo de moza, sabido ou esperado.
Dises de tanta papilla, - mozas, tedes que desconfiar;
se volven pro outro ano – non vos deixedes engañar.
El
Vou deixar estas cousas – que ben contritos estades.
Todo o tempo que me queda – vou pegar cos oficiales.
Ela
Dos oficiales de agora – xa non me quero acordar;
de ben cheos e ben folgados – non queren traballar.
El
O oficio das costureiras - ben vedes que é moi nombrado;
que lles chaman “apañapulgas” – aló desque vén o vrao.
Tamén hai costureiras – que non dan xeito a un xustillo;
empézanse a escostrexar – porque o corpo pídelles marido.
Ela
Non hei de olvidar os xastres, - que algo lles teño que dicir,
que cos retales que rouban –xántanche para se vestir.
El
De quen é esa canalla – tamén teño eu que contar;
se non lles poñen dous ovos – non queren traballar.
Ela
Os taberneiros de agora – non vos levan bon camiño;
han de sudar no inferno – a auga que botan ó viño.
E despois da moita auga - ¡xa encheran ben a medida!
Aínda ben non chega a escuma – xa dicen que vertía.
El
Os poucos ferreiros que hai – non é moi boa canalla,
que cobran un par de pesos – por che facer unha aixada.
Ela
Ises tamén han de pagar – desque vaian pra outra vida;
que co carbón que lles sobre – hanlles quentar a barriga.
El
Dos zoqueiros de hoxe en día – muito traigo que contar;
por unhas zocas de pau podre – once reás che han levar.
E se os chamas pra casa – encóntraste ben jodido,
que che cobran nove reás - ¡e media cuarta de viño!
Ela
Máis mal vai cos carpinteiros - ¡non hai canalla na vida!
Se os traedes para a casa – non merecen a comida.
Se lles encargáis na casa, - ¡a madeira vai fendida!,
e despois vides contentos – que cha tapan con masilla.
El
Deixarei os oficiales – que se está marchando o tempo;
solo vos quero explicar – un proieuto do Gobierno.
Agora o Gobierno novo – vésevos ben comprometido
Berenguer compadecido – prometeulles unha cousa:
¡Xuntar tódalas vellas – un domingo nunha chousa!
E se non quixese acetar – por ahí algunha patrona,
váina mandar cos carneiros – este ano pra Zaragoza.
Alusión aos embarques da facenda miúda desde a Estación de Ferrocarril de Lugo.
Quero que dispenseis – se algún quedase ofendido;
naide se debe extrañar – que éstas son cousas do viño.
Ela
E si alguén quedase errado – diste bon predicador,
¡ten dereito a reclamar – ó maiestro herrador!
Figura literaria, xogando coa fonética. Lembranza daquel dito do Servizo Militar: “¡As reclamacións, ao Maestro Armero!”.
El
Dios nos dea boas tardes - ¿Como siguen os do Val?
Alégrome que esteais bos – neste día de Carnaval.
Obsérvese que, coa pouca instrución que tiñan aqueles Autores, pero non dicían “Baleira”, que iso de baleira, ou bacía, non lles soaba: Dixo, “¿Como están os do Val?”
Ela
As de contar a verdá! – comían ben si houbera,
que este ano a debilidá – deulles moita faterna.
Aclaración: do libreto da “muller” só teño esta introdución, posta no papel do home.
El
Preguntáisme de donde son; - ben ponto volo direi:
Son dun pueblo pintoresco - cerca de Castro do Rei.
Cando me foron chamar – vinme moi comprometido;
tiña a muller indisposta – e quería vir conmigo.
Por traer esta maleta – os traballos que pasei;
túvenvos que vir da pé – ahí hasta Neira de Rei.
Ó salir por alí adiante – xa o faquete cansaba;
dinlle unha coda de pan – e despois si que danzaba.
Apretei as espuelas – e salín a paso de can;
cando me descuidei – estaba cerca de Librán.
A baixar unha costiña – ahí enfrente das Pozas,
caeu o faco deitado – e rompeu as xuntas todas.
Din de voces disconformes – que alborotei o pueblo;
desde que viron que era eu, - arrenegaron o demo.
...
Cos taberneiros d´agora – tede muito cuidadiño,
han de sudar no inferno – a auga que leva o viño.
Os poucos ferreiros que hai – non é moi boa canalla,
que papan un par de pesos – polo cornos dunha aixada.
Dos zoqueiros de hoxe en día – moito teño que contar;
unhas zocas de pau podre – tres pesetas hai que dar.
Pior é cos carpinteiros. – Non hai outra canalla na vida:
Se os traedes a traballar na casa – non merecen a comida.
...
Vou deixar ós oficiales – que quero marchar correndo;
sólo vos vou explicar – un proieuto do Gobierno.
Apareceu un Decreto, - e dil fan os pregóns:
¡Ordena casa-las viudas – agora nas eleucións!
...
Quero que me dispenseis – se algún quedase ofendido;
¡naide se debe extrañar – que estas cousas son do viño!
No próximo capítulo recolleremos algunhas “Sentencias” dos Tribunais da Pascua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario