Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 julio, 2007

Roteiro o 4/8/2007



As praias de Barreiros e Ribadeo, na baixamar

A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo, presenta outro dos moitos paseos que se poden realizar á beira do mar, utilizando a FEVE como medio de transporte, e collendo Ribadeo como punto de referencia para os horarios. O paseo ten varias opcións resultando así apto para todo tipo de camiñantes. Pode ser un percorrido de 10 km, sen ningún desnivel, por un camiño especialmente deseñado para ese fin: pasear, ou pode ser unha experiencia mais intensa, camiñando pola area, nadando se a marea obriga e o mar permite, avanzando por covas en total escuridade, ...

Comeza na estación de San Cosme de Barreiros ás 11:30, camiñando en dirección á praia de Remior, son 2km escasos por unha estrada comarcal de pouco tránsito. Coa marea baixando pódese ir pola area practicamente os 5,5 km de costa, cara a Ribadeo. En dous cabos haberá que subir ao camiño pero en poucos metros pódese baixar de novo ao areal.

Atravesada a praia de Reinante, vai sendo hora de comer, lixeiro, porque nada mais cambiar de concello haberá que nadar para chegar ás Augas Santas, sempre con opción de ir por a pasarela, que ten unha baixada a esta praia. Pasar as Catedrais e chegar a Esteiro son outros dous quilómetros, para os que resulta complicado calcular o tempo.

Unha vez na praia de Esteiro hai onde descansar e axustar o tempo para coller o tren que pasa a 700m da praia, ás 18:08 de regreso cara a Ribadeo.

Como tiñamos previsto, o día 4 , primeiro sábado do mes de Agosto, Roteiro por Ribadeo e Barreiros. A explicación é a que me enviou Teresa de Ribadeo, do grupo Pena Tallada, da Asociación Francisco Lanza de Ribadeo. Saúdos e ata o 4 de agosto para os que queirades participar. Puntualidade, pois o tren non agarda por ninguén. Manolo Muñiz

No hay comentarios: