Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

14 octubre, 2007

EL PROGRESO REDACCIÓN - LUGO
Cultura saca a
concurso a
restauración de dous
retábulos de Vilabade,
en Castroverde


A Consellería de Cultura sacou a concurso recentemente a restauración de dous dos retablos que conserva a igrexa de Santa María de Vilabade, no municipio de Castroverde. As obras beneficiadas serán o retablo do Crucificado, que recolle unha escena do Calvario, e o da Visitación.O proxecto de mellora e conservación conta cun orzamento de licitación de 44.300 euros.Os retablos que serán obxecto de restauración son de estilo barroco e están situados nas laterais do retablo maior, que data do século XVII e constitúe un dos atractivos que garda o edificio relixioso no seu interior.De estilo barroco e autoría de Francisco de Moure, esta obra foi xa rehabilitada con anterioridade. A igrexa de Santa María de Vilabade cumpriu este ano o 550 aniversario da súa fundación. Foi construída no ano 1457 por Fernando de Castro e está catalogada como Monumento Nacional a partir do ano 1979.

No hay comentarios: