Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

09 marzo, 2008

A cargo dos reguefeiros Lobariñas e Correa ("O Caruncho")

Unha sesión de regueifa no CPI de Castroverde


No día de hoxe, 6 de marzo tivo lugar a última das actividades deste ano, organizadas no CPI de Castroverde, puxeron o broche de “ouro”. Bieito Lobariñas e Luís Correa -O Caruncho-

Comezou a sesión cunha regueifa meténdose con eles mesmos e con todos os presentes: alumnas, alumnos e profesorado, e presentándose eles mesmos, aínda que logo pasei eu a facer un breve agradecemento sendo estas, máis ou menos, as palabras:

Hoxe rematamos esta xeira de actividades, que este ano foron, se non lembro mal, unhas seis, dicir que é probable que non se volvan a dar as coincidencias e circustancias para poder volver celebrar unhas xornadas coma estas, aínda que seguiremos intentando estar con vós e, de todos os xeitos, grazas a vós rapazas e rapaces pola vosa atención, grazas á dirección do centro e ao claustro de profesoras e profesores por deixarnos unha vez máis desenvolver estas actividades que agardamos que sirvan para despertar en vós inquedanzas que son moi importantes: a maxía, o coñecemento doutras culturas, o noso patrimonio, favorecer a igualdade entre as mulleres e os homes, a música e o teatro, a crítica e hoxe rematamos coa regueifa, cos regueifieiros,

Eles, (Bieito e Luís), seguiron a regueifar, mais seguidamente pasaron a explicar en que consistía regueifa, facendo participar a todas as rapazas e rapaces na propia elaboración da regueifa. Conseguindo que os propios rapaces fosen quen de iniciarse na arte de regueifar.

Despedíronse regueifando, con alusións á violencia de xénero que se viñeron desenvolvendo durante as últimas xornadas, agradecendo estar en Castroverde.

Na actividade participaron alumnas e alumnos de 1º , 2º curso de ESO e os cursos de 5º e 6º de primaria.

Pensamos que a actividade foi moi positiva para o Centro escolar.


No hay comentarios: