Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

15 abril, 2008

Venres 18 de Abril ás 20:00 h no Hotel NH Alfonso IX de Sárria

asociación cultural ergueitos
de sárria

Entrega do VIII Premio de Poesía
Fiz Vergara Vilariño



Prezada/o amiga/o

Un ano máis, unha nova edición do Fiz Vergara: unha nova entrega de Premio.

Gostarianos contar coa túa asistencia na entrega da 8ª edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que nesta edición gañou a poeta

Olalla Cociña.

Os actos comezarán ás 20:00 o venres 18 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sárria.

Haberá unha actuación de danza contemporánea (un solo da bailarina Carmela García - Premio á mellor bailarina no Cértame de danza de Madrid) e unha actuación musical.

Na entrega do premio intervirán Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño e Martín Veiga (xuris desta edición), Eduardo Valiña (artista plástico que cede a obra desta edición), o concelleiro de Cultura do Concello de Sárria, Xermán Arias, e eu mesma. O mantedor do acto será X.A. Neira Cruz.

Ao rematar o acto haberá unha cea no mesmo hotel (o prezo das tarxetas é 25 € )

Nesta ocasión tamén nos sería moi grato poder terte neste acto que anova en cada edición o noso labor de manter viva a memoria do Fiz e de facer medrar a árbore da poesía cun novo poemario anainado na casa da Espiral Maior.

Un saúdo.
María Casar.
Presidenta da A.C. ERGUEITOS


PS: Para confirmar a asistencia á cea podedes facelo mediante este enderezo de correo electrónico ou aos tlfs.: 678601550 (Maria) 667429225 (Xerardo)

Olalla Cociña Lozano naceu en 1979 en Viveiro. No 2000 obtivo o premio de poesía ‘O Facho’ outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome e no 2004 acadou o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Ten publicado os libros As cervicais da memoria (Premio de poesía ‘Avelina Valladares’ 2004) e aquí (intemperies) (colección 'Poeta en Compostela' Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG 2006). Tamén participou na antoloxía bilingüe Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005). Actualmente, mantén o blog www.reveladora.blogspot.com.


No hay comentarios: