Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

14 mayo, 2008

Por Terras do Chamoso (Castroverde –O Corgo)

ROTEIRO: ALBARDEIRO-A PUMAREGA – URIZ –GOI- QUEIZÁN-ADAI

31 de Maio de 2008


ASOCIACIÓNS: Arcas de Sarria, Arumes do Corgo, Francisco Lanza de Ribadeo, Fonte da Xonza Friol, Redes-Caamouco (Redes) e Amigos do patrimonio de Castroverde

Ás 09:30 h. En Castroverde na explanada que hai por encima do Campo da feira para deixar os coches alí.

Ás 10:00 h. no Albardeiro

Percorrido indicado arriba con visita a algunha igrexa e lugar con interese.

14:00 h. Xantar. Nun restaurante da Vila.

AVISAR O ANTES POSIBLE POR MOTIVO DA COMIDA E AUTOBÚS (ES).

Para facilitar a organización:

Avisar antes do sábado 24 de maio..

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Castroverde -Lugo-, a 10 de maio de 2008

Asdo.: Manolo Muñiz

NOTA:

1.- Desde Castroverde ao Albardeiro haberá autobuses, tanto para os que veñades en coches particulares coma para os que veñan en autobús. Irá un autobús pequeno ao longo do percorrido por se hai persoas que non dean camiñado (Percorrido aproximando entre 10 e 12 quilómetros) Ver mapa que se achega. Dificultade baixa, mais con algunha subida moi súpeta.

.2.- Desde Adai voltaremos a Castroverde para xanatar. O prezo estimado do xantar é de 15 €

3.-Pola tarde poderemos facer outro percorrido para os que lles apeteza ou visitar algún lugar.

4.- Se para algunha a Asociación resulta, esa hora, madrugar moito, pode saír ao encontro noutros lugares, poñéndose de acordo coa organización Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde.

5.-. O tempo impredicible a estas alturas.

No hay comentarios: