A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, participou, tal como se anunciara, na festa de Bolaño proxectando: Terras de Castroverde. Cunha reportaxe de diversas paisaxes, árbores, construcións, traballos,gando etc., de todo o Concello de Castroverde.
O día 24, participou, na IIIª feira artesanal e gastronómica de Castroverde, participando con proxeccións:
- Terras de Castroverde
- O Camiño Primitivo polo Concello de Castroverde
- Unha breve historia arredor dos Irmandamentos dos Castroverdes da Península Ibérica e,
- Unha visualización da obra artística e fotográfica de D. Baldomero Pestana, que
poderedes ver no Museo Provincial de Lugo entre o 3 de setembro e o 2 de outubro.
Castroverde 25 de agosto de 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario