Exposición da obra de
Baldomero Pestana
Inauguración:
3 de setembro, ás 20:00 horas.Dende o 3 de setembro ao 2 de outono de 2008.
Entrada gratuíta
Salas 26 e 27 do Museo Provincial de Lugo.
Horario
Dende setembro a xuño
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
_________
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org
__________________
Aló foi adolescente, mozo, home, e alá se fraguaron as súas inquedanzas artísticas.
Dende ben cativo amosou interese pola literatura e polo debuxo, que co paso de tempo foise convertendo en paixón.
Como tantos outros artistas desenvolveu, para sobrevivir, diferentes traballos que o foron levando ao de fotógrafo, primeiro comercial en Arxentina, e logo artístico no Perú, a onde emigrou de novo. Alí acadou a nacionalidade peruana, sen perder nunca a súa de orixe, e alí retratou a tremenda realidade do país, a xente do pobo, a natureza, tamén as grandes figuras da literatura e a pintura latinoamericana do momento: García Márquez, Vargas Llosa, Pablo Neruda... Converténdose todos eses traballos en verdadeiros documentos gráficos da época.
Aventureiro, libre, inquedo, só tiña un obxectivo: París, onde se trasladou nos anos sesenta, facendo antes un periplo por España duns nove meses, contratado daquela polo Ministerio de Turismo, dende o cal se editaron varios carteis seus.
Foi tamén nesa ocasión cando voltou por primeira vez a Galicia, á súa aldea, que tanto fotografou.
Xa en París, e despois de fotografar tantísimos pintores, movéndose sempre nese ambiente e vendo o traballo dalgúns deles, animouse a mostrar os seus debuxos coincidindo co gusto dos hiperrealistas, o que se chamou despois fotorrealismo. As dúas correntes eran esencialmente americanas, pero nos seus debuxos había unha certa achega europea que lle valeu para ter éxito rapidamente.
Dende a primeira mostra foi recoñecido. Expón por primeira vez en Bruxelas o ano 1979, despois viñeron moitas outras: París, Lima, Rijeka (Yugoslavia), Seúl (Corea), Copenhague (Dinamarca), Bologne (Italia)...
E agora, por fin “pecha o círculo”, como el ben di, e volta a Galicia a reencontrarse coas súas orixes persoais e sentimentais, e a presentar na súa terra a súa obra, tan sorprendente como descoñecida para a maioría dos galegos de Galicia.
Os seus debuxos desbordan como todo el: orde, perfección, xenerosidade, liberdade. Son verdadeiros documentos dunha sociedade, auténticas xoias do debuxo.
Sempre traballa con documentos tomados por el e a súa técnica acomódase perfectamente á súa forma de ver fotograficamente os temas.
Debuxa con lapis de grafito sobre papel “bristol”. Os temas que máis aborda son de París, persoas da rúa acompañadas de natureza morta.
O silencio do branco “dialoga” co negro do lapis.
Sendo ben recoñecido no hiperrealismo, ten obra nos museos de Tai Wan, Seúl...
Benvido, Baldomero Pestana, ó lugar que che corresponde
[Antonio Polín]
No hay comentarios:
Publicar un comentario