Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

19 marzo, 2009

O domingo 15 de marzo do 2009


BREVE RESUME DA VISITA DO IV CICLO DO CAMPUS DE LUGO A CASTROVERDE

No domingo, día 15 de marzo, nun fermoso e agradable día, tivemos a honra de acompañar a Asociación do IV Ciclo para visitar Castroverde. Comenzamos camiñando desde o lugar de As Cambas, aldea de Vilar de Cas, parroquia de Moreira, para ir ata Soutomerille. Visitando a Casa de Arriba, o Campo Santo e a Igrexa, dando unhas breves explicacións da situación do Concello e do lugar onde nos encontrabamos, facendo referencia, brevemente, á orixe do topónimo e aos seus monumentos, explicación que non imos repetir aquí.
Seguidamente collemos o autobús na Pallota e subimos ata Castroverde, para facer un breve percorrido pola feira e, visitar a Torre e o núcleo do Castroverde vello. Breve explicación da súa historia, ao pé da torre puidemos ver, sorpresa, como parte da cornixa este da Torre cedeu, caendo unhas pedras, chamamos a atención desde aquí para que as administracións de Cultura, Concello..., tomén cartas no asunto.

Logo baixamos ata Bolaño, visitando o castiñeiro de Riazor, dando unha explicación da Cova da Valiña, para facer un
percorrido pola aldea, visitando; a ponte, o quisoco da música, as lagas de enlagar o liño, o hórreo, o forno de cocer o cal e a igrexa. Deste xeito finalizamos as visitas da mañá.
Pola tarde, visita á capela do Carme e fonte do romeiro, con explicacións de D. Manuel, Sr. cura párroco de Vilabade, a quen lle dámos as grazas desde aquí pola axuda prestada. Logo visita á igrexa coas súas correspondentes explicacións. Para finalizar no salón de plenos do Concello, proxectamos para os visitantes, Terras de Castroverde.
Foi un día completo e agardamos que tan ilustres visitantes volvan máis veces a nosa terra.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz


No hay comentarios: