Na Rotonda de Paderne, día 23 de maio, ás 10:30 h.
Dicir que o acto da inauguración comenzou con estas breves palabras que foron lidas ao comenzo do acto.
Dicir que o acto da inauguración comenzou con estas breves palabras que foron lidas ao comenzo do acto.
BREVES PALABRAS NA INAUGURACIÓN DO ROTEIRO
Bo día a todas e a todos. Grazas por acompañarnos, veciños, Asoc. Arcas de Sarria e Arumes do Corgo, na inauguración deste roteiro pola contorna de Soutomerille, primeiro roteiro que se sinaliza no Concello de Castroverde, se exceptuamos os camiños milenarios, Camiño Primitivo, e Vía Romana XIX. Grazas especialmente aos representantes institucionais, principalmente, a Moncho, que me permita, con confianza, chamarlle así, aínda que non deixa de ser o que é, Sr. Presidente da Deputación de Lugo e, que o sexa por moitos anos. Grazas tamén ao Concello de Castroverde, á area de Cultura da Deputación, Vicepresidencia Primeira, á Consellería de Cultura e sobre todo ao Xacobeo, que sen as axudas desta Institución esta Asociación non podería ter feito o camiño que leva andado. De todos os xeitos dicir que lamentamos que só nos acompñasen o Sr. Presidente da Deputación e o portavoz do BNG no Concello de Castroverde. Xa por último grazas, a Quique Riobó, que sen a axuda del, este roteiro sería difícil que estivera sinalizado. Agora permitídeme que lea, un anaco do libro Olladas no futuro, de R. Piñeiro, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, valéndome deste veciño de Láncara, paso a ler: “Sentimento da Paisaxe”. A seguir comenzamos a camiñar, pasando pola Pallota, onde puidemos ver a desfeita do Castro, logo seguimos para visitar a igrexa de Soutomerille, Casa da Torre de Abaixo, breves palabras entorno ao significado do lugar. Seguimos pola corredoira do Castiñeiro Centenario, pasando por diante do Cimeterio, dando a volta á Croa de Soutomerille e Castro Peón para subir ata o Castiñeiro do Neto. Aquí o roteiro xúntaxe co antigo trazado do Camiño Primitivo polo lugar da Corredoira dos Cortellos. Desde aquí subimos á Croa de Soutomerille e ao lugar coñecido como os asentos dos Mouros ou Pedras das Pozas. Lugar que puido ser de ritos sagrados, dado a súa orientación; Sur Oeste. Desde aquí, voltamos, ao roteiro para dirixirnos ao lugar de As Cambas e volver á Rotonda de Paderne, lugar de onde sairamos. Pensamos que é un primeiro paso, para que continúen estas iniciativas. Dámos unha vez máis as grazas ao Sr. Presidente da Deputación Provincial, José R. Gómez Besteiro, por acompañarnos e ao representante do BNG, Pablo Ferreiro. Grazas a todos, Asoc. Arcas de Sarria, Arumes do Corgo e veciños. Saúde e Terra.
Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario