A TORRE DE HÉRCULES,
BEN CULTURAL PATRIMONIO DA HUMANIDADE
BEN CULTURAL PATRIMONIO DA HUMANIDADE
torre de hércules from Instituto Torre de Hércules on Vimeo.
AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE alégrase do nomeamento pola UNESCO do FARO "TORRE DE HÉRCULES" como BEN CULTURAL PATRIMONIO DA HUMANIDADE. Por iso, felicita, de maneira moi especial, a todolos coruñeses e galegos en xeral, así como aos españois todos. Máis de 2000 anos de historia viu pasar o lucernario deste singular monumento, alumando ás embarcacións nas crúas e bravas noites da costa coruñesa, e testemuña incólume da historia de tan fermosa cidade, na que segundo reza a súa eslógan, "ninguén é forasteiro". PARABÉN a todos. A continuación inserimos varios documentos sobre a Torre e a cidade. O primeiro deles da páxina do Concello da Coruña, dedicada a este evento, onde se recolle xa a concesión do galardón. O segundo, o texto de solicitude do INSTITUTO DE ESTUDOS DE LA TORRE DE HÉRCULES á UNESCO. O terceiro, é unha nota sobre a etimoloxía da cidade, recompilatoria de fontes varias na WIKIPEDIA.
A Torre, Patrimonio da Humanidade
O soño xa é realidade. A Torre de Hércules entrou pola porta grande na lista de patrimonios mundiais o sábado 27 de xuño ao redor das 18.30 da tarde, unha hora e un lugar (Sevilla) que non van esquecer os coruñeses e os galegos. A alegría desatouse na cidade, e ademais moitos aproveitaron para achegarse ao monumento. Até o sábado, a visita á Torre de Hércules será gratuíta.Instituto de Estudos Torre de Hércules
Cando Gaio Sevio Lupo, arquitecto lusitano natural de Coimbra e ao servizo do Imperio Romano, construíu o Flavium ou Pharum Brigantium sobre unha península no extremo sur do golfo dos ártabros para servir de guía á navegación marítima no Finisterrae de Europa, non podía imaxinar que ese faro, coñecido desde hai séculos como Torre de Hércules, ía permanecer, dúas mil anos despois, no mesmo lugar e con idéntica misión. A historia de España, de Europa e do Mundo, non sería igual de non existir o Faro da Torre de Hércules, o cal, dous mil anos despois da súa construción, continua sendo testemuña e guía da navegación marítima nun dos puntos de maior densidade de buques de todo o planeta. é o único de todos os faros construídos por Roma que chegou até os nosos días coa súa altruísta misión. é un edificio singular, romano por dentro e nos seus cimentos e neoclásico por fóra, cunha simboloxía cidadá que traspasa os límites do laicismo para converterse nun elemento de adoración case relixiosa. Por todo iso, o INSTITUTO DE ESTUDOS TORRE DE HÉRCULES, unha institución cultural creada para fomentar e promocionar o patrimonio artístico, cultural e monumental da Coruña, considera un deber solicitar á UNESCO, co apoio de todos os organismos oficiais implicados, que se recoñezan os valores humanos, históricos, artísticos e culturais do faro romano máis antigo do mundo en funcionamento, declarando á Torre de Hércules Ben Cultural Patrimonio da Humanidade. Topónimo da Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario