
III
CERTAME LITERARIO:
TERRAS DE CHAMOSO
CERTAME LITERARIO:
TERRAS DE CHAMOSO
BASES:
1.    Temática e idioma: 
A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.2.    Categorías: 
    CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3.    Modalidades:
    POESÍA (de 30 a 60 versos)RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
4.    Presentación: 
Cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).5.    Prazo: 
O prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2009.6.    Premios: 
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
7.    Xurado: 
Estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.8.    Entrega de premios: 
A cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 26 de decembro de 2009 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.9.    Non premiados: 
Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.10.    Outros: 
A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario