Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 octubre, 2009

O primeiro emblema da vila

Simulación da iluminación nocturna da Torre e restos do lenzo da muralla.
(A
utor: Enrique Villarino Pérez, especialista en fotografía)

ALUMAR A TORRE



Por
José Enrique Villarino Valdivielso

da Asociación
"Amigos do Patrimonio de Castroverde"


Non hai moito tempo que nestas páxinas faciamos algunhas propostas para pór en valor a Torre de Castroverde. Quizá nos esquecemos dunha, a máis elemental, a primeira de todas: a de facela ben visible, tanto de día como de parte da noite, sobre todo para os visitantes e aqueles que pasan de longo pola estrada, cara a Lugo ou A Fonsagrada. Facer a Torre e arredores máis visibles durante o día é tarefa bastante difícil xa que é complicado competir co sol e a luz que dél emana. Con todo, realzar na obscuridade un dos monumentos máis emblemáticos que temos non só é posible senón fácil e desexable. A Torre e a súa contorna ben iluminados de noite contribuirá, sen dúbida, a enaltecer e dar á vila unha nova dimensión do que foi o seu pasado histórico e ao mesmo tempo unha invitación ao seu coñecemento e goce. Si ademais diso lévanse a cabo algunhas das medidas que entón propuñamos, pois tanto mellor, xa que para potenciar un uso turístico da Torre, nada mellor que facela ben visible e crear en torno a ela un clima de encanto e atracción.


Si a nosa información é certa, xa que así mo comentou o Sr Alcalde telefonicamente hai algúns anos, cando se instalaron os aeroxeradores que ENDESA RENOVABLES explota na serra do noso concello, esta empresa comprometeuse a correr co gasto orixinado polo consumo da iluminación pública. Por iso, mantemento da iluminación, gratis para a vila e os seus veciños. Queda o custo de instalación dos equipos, para os que non sería difícil conseguir algunha axuda, en parte ou enteira, da nosa Deputación ou a Xunta de Galicia e, ¿por qué non?, da mesma ENDESA.


Como membro e socio pertencente á Asociación "AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE", animo a que a nosa Asociación apoie e dinamice esta idea ante os responsables do Concello e as autoridades provinciais e autonómicas para dar un primeiro paso, necesario, para pór en valor a nosa Torre e revitalizar turísticamente a nosa vila. Dotar de iluminación ao noso principal recurso histórico -logo do Camiño Primitivo- non é un gasto, é un investimento necesario.


1 comentario:

Santi Pillado dijo...

Moi boa idea. Sería moi interesante que saíra a diante

Saúdos!