Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 noviembre, 2009

I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural.


O sábado, 21 de novembro tivo lugar no Museo Etnográfico da Capela o Primeiro Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural, organizado pola Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.
O título que tiña o encontro era:

"Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural"

Fomos recibidos e presentados por Ramiro do GDR Ancares, e por Secundino director do Museo Etnográfico da Capela

Os obxectivos do Encontro eran:
- Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.
- Achegar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.
- Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.

PROVOCARON O DEBATE QUE COMPARTIMOS TODOS:
- Fendas na cultura (motivou Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)
- Fendas no social (Anxo da Universidade Rural EUROEUME).
- Fendas na economía (Carlos Figueroa).
- Fendas no medio ambiente (motivou Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).

Non imos dicir, reproducir aquí o que alí se comentou ao longo de catro horas, para tratar os catro puntos anteriores. Expoñemos simplemente o que puidemos ver ou observar FENDAS DE LUCES nas diversas intervencións:

Primeiras intervencións :
Sorpréndennos os intentos da volta ao mundo rural dada a situación de desprestixio e desvalorización en que vive o campo.
.- Pequenas recuperacións do textil, cultivos e produtos tradicionais, consumo responsable.
.- Difícil entendemento entre o mundo da xuventude e, o mundo dos avós posuídores e transmisores de valores e, saberes non escritos.

Luces na Cultura:
- Hai certa tensión no mundo do campo, polo tanto hai vida e esperanza.
- O mundo rural é un Patrimonio de sabedores.
- Temos que recuperar o noso, o propio e provocar unha revolución de valores.
- Os avós non representan o pasado que si o representan sen dúbida, pero sobre todo, teñen coñecemetos que nos poden servir para o futuro, non os podemos deixar, non debemos prescindir deles.
- Hai ideas positivas, mais...

Luces no Social:
- Coñecementos profundos que conserva o mundo rural que non están escritos.
- Temos que ser capaces de xestionar o noso medio.
- Temos que aprender do pasado.
- Recuperemos a liberdade.
- Os avances son positivos, están ben, pero...

Luces na economía:
- Creemos, fomentemos o asociacionismo, valores tan tradicionais na nosa sociedade rural. Onde vai a socialización que había no campo, a pesar do individualismo?
- Recuperemos a relación social que houbo no mundo rural.
- Proxectemos o campo.

Luces no medio ambiente :
- Necesidade dun entendemento entre o ecoloxismo e a vida rural.
- Valoramos a biodiversidade, valoramos a diversidade.
- Procuremos intervir pouco, o imprescindible co petróleo e os seus derivados no campo.
- Necesidade de volver ao rural debido a escaseza de alimentos que vai sufir o mundo.
- A solución ten que vir desde dentro, desde nós mesmos.

VALOREMOS O MUNDO RURAL EN TODAS AS SÚAS VERTENTES.

Participaron neste Iº Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural:
Representante do GDR Ancares, Director do Museo da Capela, Centro de Recuperación da Cultura Popular do Castelo de Sobroso, “Cambadela” Loita Tradicional galega, socias e socios de Verdegaia, Proxecto Amorodo, Caritas, AGROSERA, O Sr. Concelleiro de cultura da Capela, EIRADO, Coop. De Consumidores, socios da Asoc. Xermolos, PANXEA, O PETO, socios de Véspera de Nada. Por unha Galicia sen petróleo, U. Rural do Eume, Un canteiro, representando á Asoc. de Artesáns do Eume, Presidenta da Coop.de Produtores da Capela, representantes de Preescolar na Casa, Colectivo Pedagóxico Estiño, Asociación de Consumidores, María traballadora do Museo, socias e socios de Amigos do Patrimonio de Castro Verde, Paula socia e traballadora da U.R.G e outros socios da U.R.G. En total participamos unhas corenta persoas.

Pola tarde:

Visita ó Museo Etnográfico da Capela.

Este museo é un exemplo do que vimos de dicir. Grazas a Secundino ,o seu presidente polas explicacións, grazas por recoller todo este saber que, supoñemos que ti fuches un dos promotores.
Ali puidemos ver na finca - casa do pazo, o que foi a vida tradicional das nosas aldeas galegas, con salas de apeiros desde unha fragua, forxa, pasando pla conservación de canastros, hórreos, serras, carros e todos os apeiros de labranza, no exterior, no interior da casa: cociña, cuarto, sala de exposición de carpanteiros, zoqueiros, xastre, teares ...ata todo tipo de uteis da e para a casa.
Cando teremos algo parecido no noso Castro Verde?

Saúde e Terra.
Manolo Muñiz
(Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde)


No hay comentarios: