Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

16 diciembre, 2009

MISCELÁNEA

Cemiterios patrimoniais, e por ende, históricos



Tres, como mínimo, que eu lembre a tal momento,
e os tres na mesma estrada, na DP 1611: .
Ao Norte do castro – castelo, unha cova co
n estalactitas e estalagmitas, que feneceu debaixo desa curva. .
As fontes do Azúmara, en Sarceda; parte delas xacentes debaixo do entullo. Ao parecer, iso repercutiu no caudal de orixe. .
E mesmo onde remata Castroverde, o mazo dos Penallos, ou de Bascuas.
En canto á cova ben que sinto non haberlle tirado foto
grafías en vida; ¡hoxe como non se faga con Raios X…! A zona pantanosa do Azúmara á vista está.

Polo que respecta ao mazo, canto podo facer é aportar algunhas fotografías… ¿Para qué serven agora? ¡Non o sei, pero esta información igual pode vir a conto canto teñamos un Museo en Castroverde, e se recollan pezas, comezando pola Cova da Valiña! Aí vai o álbum:



Esta fotografía documentou no periódico El Progreso, do día 12-5-92, un artigo do crego don Manuel Reigosa. Ben visible a árbore que ía do rodicio ao malluco. As cinco seguintes son da miña máquina e do meu pulso, pobres pero elocuentes:

A ponte vella,

sobre a que se puido elevar a nova, ampliada, por fóra do mazo, caso de non querer xirar en curva aberta sobre os prados inferiores. Ao mazo accedíase por esta porta que daba ao o.



Monumental ingre do mazo.

Soprador de man


Suxeitador ou prensa.


Canón da árbore, medio soterrado.



En marzo de 1999, tala dalgunhas árbores que impedían o enterro;
pola esquerda asoma a Parca implacable. Ver tamén El Progreso do día 26-3-1999.


El Progreso 7-2-2001: “La asociación ecologista intentó que las obras no afectasen a un mazo de hierro del siglo XVII”.


¡Eso, intentou! O encabezamento é: “Absuelven a mie
mbros de Adega de paralizar obras en Castroverde”. -

.- ¿Fan falta comentarios? ¡Coido que non, pois as fotos falan por si mesmas!

Xosé María Gómez Vilabella


No hay comentarios: