Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

29 enero, 2010

III CERTAME LITERARIO DA ASOCIACIÓN CULTURAL ARUMES DO CORGO

MÁIS ALÓ DE BAGDAD
(Relato)

2º PREMIO DE RELATO.
MARINA PÉREZ TORO DA PARROQUIA DE PE
NA


ALUMNA DO CPI DE CASTROVERDE


Querido Yassim, non sabes canto me alegrou saber que seguías vivo, aínda recordo cando paseabamos polas rúas de Bagdad... Canto nos riamos!
Souben polo teu irmán Leid que os israelís entraran na vosa casa e que asasinaran aos teus país, o meu máis sentido pésame. Alégrame tanto saber que estás vivindo coa túa muller e coa túa filla nos Emiratos Árabes...
Unha enorme apena.
NABIL

Yassim era o meu mellor amigo na universidade de Bagdad, viñera de Palestina, da máis grande miseria, dunha familia moi humilde, para estudar periodismo e gañar diñeiro para mandarlle aos seus pais. Era un gran amigo...
Unhas vacacións foi a Palestina visitar á súa familia e eu tiven que irme de Iraq por razóns políticas. Andei un tempo de país en país ata que cheguei a España para quedarme. Pasaron 35 anos ata agora: casei, tiven un fillo e fíxenme profesor de árabe; nunca máis volvín saber del, ata hoxe. Un correo dun tal Yassim Alkhalifa chegou ao meu ordenador e so con ver o seu nome, un gran sorriso e unhas cantas lágrimas saíron dos meus recordos...

Querido Nabil, al jam du li-lah, por fin falo contigo, só pasaron uns terribles anos, unhas cantas guerras e a caída de Sadam.
Que tal estás?
Eu estou ben, dentro do que cabe... como dixeches, meus país morreron, pero casei, teño unha filla e vivimos nos Emiratos Árabes. Pronto iremos a Palestina pero só ida e volta; non quero estar moito tempo, teño medo... non quero ver como uns malditos xudeus extremistas destrúen ao meu pobo. Polo demais, todo ben.
Saúdos á túa familia
YASSIM

Durante moito tempo estivemos mandándonos correos, volvemos ser os de antes...
Grazas a el recordei todo o bo da miña mocidade, porque despois de ver tódolos días na televisión árabe e de falar coa miña familia dicíndome o que non se vía na televisión, parece que se me olvidara sorrir e como facelo, cada vez que abro un correo seu miro ao meu fillo... todas as cousas que el ten... acórdome como nos divertíamos alí en Bagdad, roubabámoslle as macetas aos veciños e faciamos unhas cantas trasnadas máis... mesmo un día mandoume nunha carta 50€ e un papel no que poñía que era só un pequeno regalo para seu fillo, para que loite como o fixo seu pai, polos dereitos do seu país, aínda que era simbólico, xa que nunca lle podería pagar o que eu fixera por el... Mais a miña historia despois de Bagdad segue...
Cheguei aquí a Lugo, co fin de encontrar un bo traballo e poderme pagar os estudos e mais para mandarlle cartos á miña familia. Andaba vagando polo mundo, era mozo, coñecín a moita xente, ningunha festa se me esquecía en ningún país... que ben o pasara! Mais escapaba da policía e moitas veces me tiven que esconder nas casas dos amigos...
Quedei en Lugo, en concreto aquí en Castroverde porque me gustou a súa paisaxe, era tan distinta á de Bagdad... cando cheguei aquí, coñecín a un gran amigo que me dicía que Galicia era: os verdes prados coa herba ben cortadiña grazas ao bo labor das vacas, ese cheiro ao enxebre, ese cheiro ao leite recente sacado da vaca, eses bosques, con fermosas fragas de castiñeiros, pradairos, "abedueiras"...e corzos correndo, un lugar onde os agricultores gáñanlle aos empresarios e aos executivos, onde os palleiros e "pendellas" gáñanlle aos grandes rañaceos, onde as xentes humildes e os poetas loitaron por conservar a máis fermosa das linguas: "cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras; ou, e quen son eu? Un poeta, ou como quen di un paxaro ao que tallaron o bico...

Cada vez que chegaba do traballo miraba o correo, meu fillo ría de min, dicía que estaba recuperando a infancia tecnolóxica que non tivera, como ia dicindo, estivémonos escribindo moito tempo, eu contáballe que viñera para aquí, que meu fillo parecíase moito a min... el contábame que estaba moi contento coa súa familia pero que non tanto co seu país, tiña moito medo, dunha vez ata me mandara unha foto coa súa filla, detrás da foto poñía que se algún día morría que buscase a súa filla e lle dese esta foto... a min pareceume moi entrañable, e non dubidei en prometerlle que o faría.
Fixémolo durante meses, un día mandoume un correo onde dicía que ao día seguinte marcharía a Palestina, pero que me deixaba o que máis quería no mundo, a súa filla. Chegaría mañá ás 12.00 ao aeroporto da Lavacolla, nun vo provinte de Abu Dabi. Eu pensaba que era moita responsabilidade, que nos reencontraramos dende había pouco, que era como se nos olvidaramos e nos coñeceramos logo, pronto comprendín por que fora...

Ao día seguinte, eu estaba ás 11.30 no aeroporto, as 12.00 xustas chegou un vo provinte de Abu Dabi; unha nena, moura de pel, co medo nos verdes ollos empapados en lágrimas, Cunha "chilaba" vermella e un pano na cabeza... Saímos do aeroporto rapidamente, eu levaba un pouco de présa, xa que miña muller e meu fillo me estaban esperando na casa porque iamos facer un obradoiro de debuxo.
Ela non sabía falar español, só árabe, chamábase Aisha, tiña 12 anos, e non era moi faladora...
Chegamos á casa, e o primeiro que fixo foi asomarse ao balcón, sen que me deixara presentarlle a meu fillo, cando xa a puiden sacar de aí presenteille a meu fillo, pero non lle fixo moita graza así que pasei á miña muller, e o único que fixo foi arrimarse a ela, logo, ensineille a que ía ser o seu cuarto durante esta semana. Deixema que se familiarizase coa casa, encerrouse no seu cuarto e nós dende fóra escoitábamola chorar; eu abrín a porta da súa pena e animeina a que viñese facer debuxos con nós, díxenlle que se pasaba moi ben e ao final veu...
Todos empezamos a debuxar: meu fillo debuxou un coche, que era o que o apaixonaba, con moitas cores e cunhas rechamantes rodas; miña muller debuxou un bodegón, ela era unha profesional da pintura, e quería que a súa familia seguise os seus pasos; eu debuxei ao pai de Aisha e mais a min, nos nosos tempos mozos, aínda que meu fillo dixo que era máis un debuxo "abstracto" cando me fixei no debuxo de Aisha... tiña debuxado un pobo en chamas, eu pregunteille que pobo era pero non mo soubo dicir...
Aisha era unha nena das que como din aquí "riquiña", non moi faladora pero eu estaría igual se meus país me deixasen na casa duns descoñecidos, esperando a que eles volvesen dunha dura e longa viaxe, a cativa non era parva mais facía porque o parecese...

Durante esa semana fixemos todo tipo de actividades: carreiras, manualidades, cursos de alfareiría, montamos a cabalo... Pero eu notaba algo raro, Yassim non falara nada comigo e eu empezaba a preocuparme, era moi raro que me deixara así á súa filla, como quen di a un descoñecido, a nena integrárase moito, fixérase moi amiga do meu fillo, pero aínda así... el dixérame que só pasaría unha semana con Aisha e que o último día viría por ela, non nos falabamos dende había unha semana e media pero iso non era tan raro, xa que estaba en Palestina e tivera que preparar todo.
Aisha de cando en vez preguntábame como fora a nosa mocidade, cantos teléfonos tiñamos no móbil, cal era a nosa consola favorita... ao que eu lle contestaba:
-a miña consola favorita? Eu creo que era a que tiña un xogo no que eu tiña que axudarlles a meus pais...
Ela escachaba a rir...
Un día, unha carta escrita en árabe antigo chegou á miña caixa do correo, era un tanto rara, o peor foi cando a abrín, era de Leid, o irmán de Yassim:

Querido Nabil,
Xa sei que estes días te reencontraches co meu irmán, moito falaba de ti... mais isto non é unha carta para contarche isto, el desexaría que foses o primeiro en sabelo, onte chegou ás miñas mans unha carta de Yassim poñía que matara a un israelí para defender ao seu pobo, morrera diante da embaixada Estadounidense nun coche bomba coa súa muller para defender ao pobo iraquí, Cunha bandeira que poñía COIDA DA MIÑA FILLA, YASSIM.

Nabil, déixame dicirche que isto o fixo polo teu pobo, e maiormente por ti... quero que teñas moi en tonta o que poñía a bandeira...

Eu sabía ben o que tiña que facer, Yassim morrera por min, eu desviviríame pola súa filla, xunto co meu fillo e coa miña muller; esa mesma noite díxenllo a Aisha que botou toda a noite e parte do día seguinte no seu cuarto, chorando, mais cando se acercaba a noite, entrei no seu cuarto e deille a foto que me mandara seu pai, de repente, ela sorriu, miroume fixamente cos mesmos ollos empapados en lágrimas que cando chegara aquí e díxome:
-Entón, ti serás o meu novo pai?
Eu mireina e sorrín:
Parece que si...
Cóntame como era, non, como erades, que faciades no voso pobo?
-Teu pai foi a mellor persoa que coñecín nunca, era o meu mellor amigo, coñecémonos na universidade mais facíamos cousas de pequechos para nos divertir...
Aisha mirábame atentamente...
Como cales?
Eu mireina, sorrín, agarreina do brazo fortemente saímos do cuarto correndo, agarrei a meu filio co outro brazo e saímos á rúa, xa era de noite, moi tarde, serían as cinco da mañá...
Ao día seguinte todas as macetas dos veciños estaban na casa de ao lado, mesuro na da outra rúa...


No hay comentarios: