No día de hoxe, sábado, 13 de febreiro, nun día frío, aínda que con sol, continuamos facendo o Camiño Primitivo desde onde quedaramos o ano pasado, en San Romao da Retorta – Santa Cruz da Retorta, non imos falar aquí nada destas dúas igrexas porque xa o fixeramos o ano pasado.
Camiñamos por onde esta sinalizado o camiño “oficialmente”, mais temos que dicir e denunciar que non o fagan, mellor camiñar polo Camiño que coincide coa vía XIX, pois, antes de chegar a Vilamaior do Negral, hai zonas do camiño con sinalización confusa e en mal estado, pero o máis grave é que entre Vilamaior e Ferreira, nun dos afluentes do río Ferreira, entre o concello de Guntín e o de Friol, no puidemos pasar, simplemente porque non hai pasais, nin ponte. Como pode estar sinalado un Camiño a Santiago e chegar e ter que dar volta?, inconcebible, difícil de entender. Onde están as autoridades locais e autonómicas para reparar nestas cuestións? Estarán nos biosbardos das macroactuacións, mais o que é mirar por este camiño, e o que é máis importante, peregrinos e camiñantes, nada de nada. Logo tivemos que ir rondeando para volver ao Camiño en Ponte Ferreira. Agradecer ao dono da Casa de Turismo Rural, Casa da Ponte, a súa amabilidade por ternos convidado a café. Desde aquí marchamos a Augas Santas. Entre Augas Santas e San Salvador de Merlán temos que volver a denunciar o mal estado en que se encontra o camiño. En Merlán temos outra igrexa románica ben interesante, desde aquí subimos por camiños ben fermosos, ata o lugar do Hospital, aos pés da serra do Careón. Logo de cruzar a serra onde vemos xa a Terra de Melide lévanos o camiño polos lugares de Santiago de Vilouriz Vilamor, San Salvador de Abeancos e Melide.
Pola tarde, breve visita a Melide e Toques. En Melide son de salientar; a igrexa de estilo oxival do século XIV. A casa do Concello construída por Domingo de Andrade no século XVII en estilo barroco. Frente da igrexa, o Museo da Terra de Melide, museo que foi obra dunha asociación que comenzou a recoller patrimonio alá polos anos 1978, e hoxe é un verdadeiro museo, dunhas xentes que aman a súa historia e o seu patrimonio. Xa levamos vistos no Camiño outro museo, o da Fonsagrada e fóra do Camiño o da Capela, cando seremos capaces de ter algo parecido en Castro Verde?
Para despedirnos de Melide, visita ao famoso cruceiro do século XIV e capela de San Roque.
Xa no concello de Toques, visiata á igrexa de Santa María da Capela, do antigo mosteiro de San Salvador de Toques, resto dun cenobio, fundado arredor do ano 1067. Desde aquí temos unhas fermosas vistas da Serra do Caerón e Terras de Melide.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo MuñizCamiñamos por onde esta sinalizado o camiño “oficialmente”, mais temos que dicir e denunciar que non o fagan, mellor camiñar polo Camiño que coincide coa vía XIX, pois, antes de chegar a Vilamaior do Negral, hai zonas do camiño con sinalización confusa e en mal estado, pero o máis grave é que entre Vilamaior e Ferreira, nun dos afluentes do río Ferreira, entre o concello de Guntín e o de Friol, no puidemos pasar, simplemente porque non hai pasais, nin ponte. Como pode estar sinalado un Camiño a Santiago e chegar e ter que dar volta?, inconcebible, difícil de entender. Onde están as autoridades locais e autonómicas para reparar nestas cuestións? Estarán nos biosbardos das macroactuacións, mais o que é mirar por este camiño, e o que é máis importante, peregrinos e camiñantes, nada de nada. Logo tivemos que ir rondeando para volver ao Camiño en Ponte Ferreira. Agradecer ao dono da Casa de Turismo Rural, Casa da Ponte, a súa amabilidade por ternos convidado a café. Desde aquí marchamos a Augas Santas. Entre Augas Santas e San Salvador de Merlán temos que volver a denunciar o mal estado en que se encontra o camiño. En Merlán temos outra igrexa románica ben interesante, desde aquí subimos por camiños ben fermosos, ata o lugar do Hospital, aos pés da serra do Careón. Logo de cruzar a serra onde vemos xa a Terra de Melide lévanos o camiño polos lugares de Santiago de Vilouriz Vilamor, San Salvador de Abeancos e Melide.
Pola tarde, breve visita a Melide e Toques. En Melide son de salientar; a igrexa de estilo oxival do século XIV. A casa do Concello construída por Domingo de Andrade no século XVII en estilo barroco. Frente da igrexa, o Museo da Terra de Melide, museo que foi obra dunha asociación que comenzou a recoller patrimonio alá polos anos 1978, e hoxe é un verdadeiro museo, dunhas xentes que aman a súa historia e o seu patrimonio. Xa levamos vistos no Camiño outro museo, o da Fonsagrada e fóra do Camiño o da Capela, cando seremos capaces de ter algo parecido en Castro Verde?
Para despedirnos de Melide, visita ao famoso cruceiro do século XIV e capela de San Roque.
Xa no concello de Toques, visiata á igrexa de Santa María da Capela, do antigo mosteiro de San Salvador de Toques, resto dun cenobio, fundado arredor do ano 1067. Desde aquí temos unhas fermosas vistas da Serra do Caerón e Terras de Melide.
Saúde, Terra e Lingua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario