III ACTO DE GEMINAÇÃO / HERMANAMIENTO / IRMANDAMENTO
ENTRE OS
CASTRO VERDES IBÉRICOS
(XX Quinzena Cultural Primavera do Campo Branco)
Día 17:
Acto de protocolo dos CastroVerdes coa intervención do; Sr. Presidente da Câmara de Castro Verde, D. Francisco J. Caldeira e pola Fregresia de Castro Verde, Dona M.ª Manuela Florencio, polo concello de Castrovede de Campos; Don Cecilio Lera e o presidente da Asoc. Castrum Viride, Sarvelio Villar e, polo noso Castro Verde, D. Xosé Mª Arias e un servidor. Todos coincidimos na necesidade de potenciar as relacións non só institucionais, que xa se conseguiron, senón das persoas; escolas, familias, a sociedade en xeral, que sería un segundo paso. Logo, houbo unha proxección da historia dos Irmandamentos e unha explicación por parte de Miguel Rego, do proxecto de crear unha páxina Web dos CastroVerdes da P. Ibérica.
Seguidamente, inauguración da exposición “Artes de Castroverde” dos nosos artistas: Nati Penado, D. Baldomero Pestana, Juan Vila e Paco Pestana.
Pola tarde, animación na Praza da República con Feira de Vellarías e Produtos da Terra coa intervención de grupos de cantores da Terra, entre eles, os Ganhoes. A continuación Concerto do Coro do Conservatorio e Banda Filarmónica 1º de xaneiro, na Basílica Real de Castro Verde, cunha acústica excepcional. Aquí temos que comentar, novamente, a cultrua musical que ten este pobo, cun silenzo absoluto e cunha participación de nenos, rapazas e rapaces, cerca de duascentas persoas, sendo a maioría moi novos. Esta é a grande diferenza cos outros Castroverdes. Este Castro Verde, ten xente moza, ten futuro.
Mentras, o Sr. presidente da Câmara, o Sr. Alcalde de Castroverde de Campos e un servidor participamos nunha exposición de futuros proxectos, incidindo no que xa se comentara na mañá do sábado e, que non imos adiantar aquí.
Manolo Muñiz. Saúde e Terra. Abril de 2010
ESTAMOS MOI LEDOS, DE QUE CONTINUASE ESTA IDEA DE ECONTRARNOS OS POBOS, OS POBOS DOS CASTROVERDES, DESTA VEZ CORRREPONDEULLE A CASTRO VERDE DO ALENTEJO.
QUEREMOS DARLLES AS GRAZAS, ESPECIALMENTE POLO ACOLLEMENTO QUE NOS FIXERON A PRIMEIRA VEZ, EN ABRIL DE 2006, PERMITÍDEME QUE EXPRESE UN AGRADECEMENTO MOI ESPECIAL, A PAULO MADUREIRA, PORQUE FOI O PRIMEIRO CONTACTO EN CASTRO VERDE, AÍNDA LEMBRO A APERTA QUE NOS DEMOS, NADA MÁIS VERNOS E SEN COÑECERNOS DE NADA. AGRADECIDOS TAMÉN AO SR. PAULO NASCIMENTO E, GRAZAS A TODOS OS QUE VIÑERON AO NOSO CASTROVERDE EN AGOSTO DE 2007 (SRS. FERNANDO, BRITO, SRA. PAULA E O SEU MARIDO), TAMÉN A TODOS OS QUE NOS RECIBISTES EN 2007, ESPECIALMENTE AO SR. PRESIDENTE, QUE ERA DAQUELA, D. FERNANDO SOUSA E ACTUALMENTE A TODOS VOSTEDES.
AMIGOS DE CASTROVERDE DE CAMPOS, AGRADECEMENTOS ESPECIALES PORQUE FOI O PRIMEIRO CASTROVERDE QUE VISITAMOS, SE NON LEMBRO MAL, EN FEBREIRO DE 2006, NAQUEL PRIMEIRO ENCONTRO, TAMÉN ESTIVERA O REPRESENTANTE DE CERRATO, SR. ALCALDE, D. JOSÉ LUÍS.
GRAZAS AOS REPRESENTANTES POLÍTICOS, TOMÁS, ALBERTO SARVELIO E FAMILIA E, AO SR. ALCALDE, D. CECILIO LERA E A SÚA SRA. QUE NOS TEÑEN AGASALLADO VARIAS VECES NA SÚA CASA- NO SEU RESTAURANTE. GRAZAS A TODO O POBO DE CASTROVERDE DE CAMPOS POLO ACOLLEMENTO QUE NOS FIXERON O PASADO AGOSTO DE 2008.
LOGO DE TODO ISTO, DIGAMOS:
Nós unificamos os povos, não os Estados.
Nosotros unificamos los pueblos, no los Estados.
Nós unificamos os pobos, non os Estados.
Fazer a Europa, é fazer a paz.
Hacer Europa, es hacer la paz.
Facer Europa, é facer a paz.
(Jean Monnet)
ESTAMOS AQUÍ EN CASTRO DE NOVO E É ABRIL AMIGOS E AMIGAS TODOS.
PARECE UN SOÑO, MAIS MALO DO QUE NON SOÑA. UN SOÑO QUE NACEU HAI UNS CATRO OU CINCO ANOS.
SOÑAR É CREAR E FACER O PROPIO FUTURO E AÍNDA O FUTURO COMÚN DOS POBOS.
SOÑAR É DESCUBRIR.
HAI QUE SOÑAR O AMOR,
HAI QUE SOÑAR A VIDA,
HAI QUE SOÑAR A TERRA,
HAI QUE SOÑAR O FUTURO
PARA QUE LOGO NON O DESCOÑEZAMOS.
E HAI QUE SOÑAR PARA DESPERTAR.
HAI DO QUE XA NACEU DESPERTO!
HAI QUE SOÑAR PARA MERECER SER DA TERRA, DA TERRA DE TODOS, DA TERRA DE CADA UN DE NÓS.
É ABRIL É PRIMAVERA.
ESTAMOS NA QUINCENA CULTURAL DA PRIMAVERA DO CAMPO BRANCO DE CASTRO VERDE. VIVA CASTRO VERDE, VIVAN OS CASTROVERDES.
VIVA A UNIÓN DESTES NOSOS POVOS / PUEBLOS / POBO!!!
SAÚDE E TERRA – CASTRO VERDE, 17 DE ABRIL DE 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario