Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

14 mayo, 2010

Inauguración do roteiro polo val do ríoTórdea


UNHAS PALABRAS

Moi bo día, amigas, amigos, representantes das diferentes instituciósns, todas foron e son moi importantes para nós, aínda que temos que ter unha ESPECIAL LEMBRANZA PARA A DEPUTACIÓN, ÁREA DE CULTURA E PARA O XACOBEO, TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER O TRABALLO DE MOITAS PERSOAS, QUE NON IMOS NOMEAR AQUÍ, MAIS MOI IMPORTANTES PARA QUE ESTE PROXECTO SE CONVERTERA EN REALIDADE. PERMÍTANME QUE NOME ESPECIALMENTE E, UNHA VEZ MÁIS A ENRIQUE RIOBÓ, A FELIPE ARIAS E NESTA OCASIÓN TAMÉN AO PRESIDENTE E XERENTE DA ASOC. TERRAS DE LUGO, POLOS ÁNIMOS QUE ME DERERON.

DITO ISTO, QUIXERA QUE SE SITUARAN.

CASTROVERDE NAS ESTRIBACIÓNS DOS CORDAIS / SERRAS DO RAÑADOIRO E DA VACARIZA, DAQUÍ ARRINCAN AS FONTES DOS RÍOS DUNHA BOA PARTE DE GALICIA, PENSEMOS QUE DESDE OS ANCARES – CEBREIRO VAN DESCENDENDO ATA QUE DESTAS SERRAS NACEN OS RÍOS; NEIRA, VAL DO NEIRA (BALEIRA) PARA IR AO MIÑO, TÓRDEA, NO QUE ESTAMOS, UNHAS FONTES SAEN DO RAÑADOIRO, PARROQUIAS DE FURÍS, MIRANDELA, MIRANDA, PÁRAMO, AGUSTÍN E OUTRAS DA VACARIZA, RODINSO, VILABADE, TARRÍO,....PARA IREN AS SÚAS AUGAS AO RÍO NEIRA E ESTE, AO RÍO MIÑO, E O MIÑO AO ATLÁNTICO, ESTAMOS NAS TERRAS DO MIÑO, MAIS CONTINUANDO COAS ESTRIBACIÓNS, TEMOS O CORDDAL / A SERRA DE MEIRA, DE ONDE ARRINCA O PAI MIÑO.

O TÓRDEA É UN DOS AFLUENTES IMPORTANTES DO NEIRA QUE, XUNTO CO RÍO CHAMOSO, PODEMOS DICIR QUE CONFORMAN AS TERRAS DE CASTROVERDE E O CORGO, O ANTIGO CONDADO FLAMMOSUS.

ARREDOR DESTA, CREMALLEIRA DE AUGA, COMO DI XOSÉ OTERO CANTO, NO SEU LIBRO MIÑO, RÍO PAI E AMIGO, CONFÓRMANSE UNHA SERIE DE ASENTAMENTOS DESDE OS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS, CASTROS, , SARTEGOS, FONTES, MUÍÑOS, IGREXAS, PARROQUIAS ONDE SE FORON ASENTANDO OS NOSOS ANTEPASADOS E CONFORMARON, MODELANDO ESTA TERRA, ESTE VAL DO TÓRDEA

E PERMÍTIDEME DICIR UNHAS PALABRAS QUE ALGÚNS XA COÑECEDES.

PARECE UN SOÑO, MAIS MALO DO QUE NON SOÑA. UN SOÑO QUE NACEU CONFORME SE ÍA FORMANDO ESTA ASOCIACIÓN.

SOÑAR É CREAR E FACER O PROPIO FUTURO E AÍNDA O FUTURO COMÚN.

SOÑAR É DESCUBRIR.

HAI QUE SOÑAR O AMOR,

HAI QUE SOÑAR A VIDA,

HAI QUE SOÑAR A TERRA,

HAI QUE SOÑAR O FUTURO

PARA QUE LOGO NON O DESCOÑEZAMOS.

E HAI QUE SOÑAR PARA DESPERTAR.

HAI DO QUE XA NACEU DESPERTO!

HAI QUE SOÑAR PARA MERECER SER DA TERRA, DA TERRA DE TODOS, DA TERRA DE CADA UN DE NÓS.

ESTAMOS EN MAIO, É PRIMAVERA.


E ACONTINUACIÓN PERMÍTIDEME LER ESTE POEMA UN CHISCO ADAPTADO DE XOSÉ OTERO CANTO, DO LIBRO ARRIBA CITADO.


AUGA, SANGUE GALEGA”.


Sangue galega

que corre polo corpo do val do Tórdea embruxada

de ríos e regatos en veas.


Maxia da auga na escorrentía agarimosa

de queixumes que e perden.

Maxia das quenllas ruxentes

de balbordos confusos.


Maxia do regueiros murmurantes

de beatería en sons de penitencia.

Maxia das canles das leiras

en soños paralelos de luces.


Maxia da fereza da tormenteira

que se bota enriba da penedía

escachizada de risa,

rebrincando curvas

de vida e xuventude

e morre no Neira,

doce, humildosa e meiga.


Breve resume da inauguración do roteiro polo val do ríoTórdea.

No día de hoxe, sábado, 8 de maio, día chuvioso, tivo lugar a inauguración deste segundo roteiro que vén de sinalizar a Asoc. Amigos do Patrimonio, lembremos que o anterior fora pola contorna de Soutomerille.

Agradecer en primeiro lugar a todas as persoas que nos acompañaron, mais debemos salientar, ao Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, D. Ramón Carballo e ao portavoz do BNG no Concello de Castroverde, D. Paulo Ferreiro, tamén agradecer a presenza en todo o percorrido ao presidente e xerente da Asoc. Terras de Lugo, Mario Outeiro e Antonio Vázquez, grazas tamén ao sr cura das parroquias de Espasande, Goi e Tórdea por todas as explicacións que nos deu e por ternos acompañado durante toda a xornada, D. Abel Quiroga.

O roteiro comezámolo despois da inauguración, arredor das once da mañá, para baixarmos a San Xulián de Pereiramá para seguir ata Espasande, onde visitamos a súa igrexa moi ben restaurada e conservada, non imos falar aquí de todo o que se comentou arredor da súa imaxinería, simplementes salientar a creación dun “pequeño museo” dentro da sacristía, desde aquí marchamos á parroquia de Goi onde visitamos o castro, cos sartegos, igrexa e a seguir visita ao muíño, temos que salientar que o indicador do mazo de Goi, foi arrincado do lugar onde fora colocado a semana pasada, é a segunda vez que pasa isto nesta parroquia, xa cando sinlaramos os sartegos, tirárannos o sinal e tivemos que colocar outro, non sei o que faremos aquí, en principio, púxose en coñecemento das autoridades.

Desde Goi fomos a Tórdea, pasando pola fonte da Torre e polo imponente carballo onde a parroquia quere situar os miliarios que se encontraron da Vía XIX. A igrexa de Tórdea é un mini-museo, en palabras de D. Xaime Delgado temos mostras desde o estilo prerrománico, románico, séculos XV e XVI ata as épocas máis recentes, son de salientar as pinturas e ventá ou fiestra lobulada, esta fiestra figura como fondo en todos os paneis que se colocaron no percorrido do roteiro. Felicitar á parroquia pola restauración e conservación desta igrexa.

Pola mañá rematamos na igrexa de Uriz, outro exemplo do románico popular, onde temos que salientar a súa pía bautismal.

Pola tarde continuamos o roteiro, desde Uriz ata Cellán de Mosteiro, onde son de salientar o pazo, pombal e árbores senlleiras; carballo de Pociña, sobreira do pazo e castiñeiro de Tamaredo, a Fonte do Ouro, a igrexa, tamén de orixe románica, case totalmente en ruínas, só quedan os muros de pé. Desde Cellán subimos á Pumarega para visitar a casa ou pazo de Fornos e a igrexa parroquial.

Desde a Pumarega ata Cellán de Calvos, pasando ao pé do Campairo, Penalada, O Vilar, o castro do Vilar e o fermoso souto que hai entre O Vilar e Cellán de Calvos, salientar as fermosas vistas que hai desde aquí sobre o Val e os abundantes regos de auga.

En Cellán de Calvos destacar a súa pequena igrexa e, desde Cellán de Calvos ás croas de San Xulián que, xunto cos asentamentos – castros de Espasande e Goi, son os que están máis cerca do río.

En San Xulián de Pereiramá, son de salientar a igrexa e o cruceiro e, desde San Xulián ao Camiño Ancho.

Dicir que no percorrido participamos entre corenta e cincuenta persoas e, aínda que o fixemos en dúas etapas, podemos dicir que se fai entre catro ou cinco horas.

Saúde, Terra e Lingua. Manolo Muñiz

No hay comentarios: