Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

21 noviembre, 2010

EN TEMPO DE MAGOSTOS: NOMES E DITOS DA CASTAÑA



Os galegos de hoxe....

A ver, por exemplo, qué rapaces con menos de vinte anos ás costas saben dicir qué son:

as castañas bolercas
(as que non se lograron),
os restrelos, bagutos ou degaros

(castañas que se desprenden do ourizo espontáneamente),

un bulló

(castaña cocida sen pel ou asada e debullada),

mamotas, mamudas, zamelos ou zonchos

(castañas cocidas coa pel)

as maiolas ou maias
(castañas secas, sen pel),
a castañeira

(tempo no que se recollen as castañas),

soutar

(apaña-las castañas que caen dos castiñeiros),
unha corripa ou ouriceira
(morea de ourizos con castañas e lugar onde se depositan estes para logo debullalos),

a puxa da castaña
(casca da castaña seca),

qué significa auga de castañas
(chuvia miúda),
darlle a un a castaña

(enganalo),

sacarlle as castañas do lume
alguén

(solucionarlle unha dificultade),

ou qué tempo lle acae á castaña para ben medrar
(en agosto arder, en setembro beber: é un refrán) .


¿E apetece unha cantiga?

A castaña no ourizo,
eu ben sei como ela fai:
des que pinta madúrece, desque madúrece cae.


No hay comentarios: