Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

21 noviembre, 2010

Limpeza duns trescentos metros do Camiño Primitivo entre as parroquias de Vilouriz e Vilamaior.



Nun día chuvioso deste sábado 20 de San Martiño, o Foro do Camiño Primitivo, no que está tamén Amigos do Patrimonio, iniciou a limpeza dese treito de Camiño entre as dúas parroquias arriba indicadas, para denunciar que nos últimos meses se veu investindo cuantiosos fondos públicos na consolidación dun longo desvío falsificado do itinerario histórico da rota xacobea mediante a apertura artificial dunha estrada e o seu afirmado con varias toneladas de grava, así como a colocación de fitos de formigón para o desprazamento dos peregrinos, no canto de se esmerar na conservación do vieiro orixinario e milenario da vía primitiva a Compostela, a variante máis antiga do Camiño Francés.
A actividade que se comezou a desenvolver neste sábado non se puido rematar, agardando que se poida realizar en vindeiras datas. A rota xacobea ía polo lugar da Pena Ferrada, emblemática rocha cargada de simboloxía na memoria oral da Terra de Melide, descendendo a media ladeira cara poñente polo monte da Pedrosa, deica a ponte medieval de Xancabo sobre o río Lagares. Dicir que este camiño está cortado, en primeiro lugar por unha cancela que pecha unha finca e continuando atrancado por un valado de pedra e terra, mais pasado ese valado a traza do camiño está perfectamente visible, volvendo quedar interrompido por outro valado ao fondo do monte da Pedrosa. É incrible, impensable como se foron usurpando treitos desta milenaria rota, comentar que isto mesmo pasa entre Báscuas e Manzoi, ou no lugar de San Xoán do Alto, ámbolos dous itinerarios no concello de Lugo. Como é posible, que ninguén faga caso destas actuacións e que teñan que ser as asociacións as que acatúen e denuncien estas casos!!!
Pola tarde visita á Aula da Natureza no concello de Toques, quen nos dera ter en Castroverde algo parecido e, pola noite magosto na Eira da Xoana, encantadora casa que ten a Asociación ADEGA, na parroquia de Ramil na Golada.

Saúde
Manolo Muñiz

No hay comentarios: