Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

21 diciembre, 2010

NA CASA DE CULTURA DO CONCELLO DE FRIOL

BREVE RESUME: ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS GDR4 -TERRAS DE LUGO-

                     FEIREANDO-PROXECTO ROTEIRO DAS FEIRAS

O 18 de decembro de 2010, celebramos a derradeira actividade deste ano que remata, participando, xunto con outras Asociacións de Terras de Lugo, onde cada unha delas expuxo as actividades que ben desenvolvendo.

Os actos da mañá desenvolvéronse segundo o previsto, desde as 10:00 h ata as 14:00h., todas as intervencións foron de grande interese, desde ... E para comer Lugo. Unha marca de produción turística ata Proxecto Vida de Aldea, pasando pola exposición das Actividades da Asoc. Amigos do Patrimonio de Castroverde, Proxectos de Arumes do Corgo ou Unha Casa-Museo para Manuel Maria, que incidiron no aspecto cultural e outras Asociacións coma COGAMI que incidiu nos aspectos sociais, ou o cocoperativismo exposto por membors de AGRIS, a recuperación do do sector forestal  do sector da madeira, etc.

Pola tarde, mestres do CPI de Friol expuxeron o proxecto do blog sobre Friol; Friol: algo máis que pan e queixo e, seguidamente, a intervención dos dos rapaces do CPI  de Friol. Deixémonos de Dindirindainas II.

Seguidamente explicación do  Proxecto Ruta das Feiras para finalizar con políticas de desenvolvemento rural.

Pechando o acto o Presidente de Terras de Lugo, dando as grazas e dando paso á actuacion de A Quenlla, acto organizado pola Asoc. Cova da Serpe.

Mentras remataban estes actos da Asoc. Terras de Lugo, algúns asistimos á entrega de premios da IV Edición do Certame  Literario Terras de Chamoso, onde foron premidas alumnas do CPI de Catroverde e outros coñecidos nosos, mais tamén persoas de Noia ou Foz. Presentándose nesta edición 134 traballos. Noraboa a todos os premiados.

Boas Festas de Nadal e Ano Novo.

Saúdos. Manolo Muñiz

En Lugo-Castroverde, decembro de 2010

SON MOITAS AS FELICITACIÓNS QUE CHEGAN Á NOSA ASOCIACIÓN


 En primer lugar Felices Pascuas y en Buen año 2011
para ti y toda tu familia.
Sea también el mismo deseo 
para esa familia que formais en vuestra Asociación.
Agradecerte que ya estéis pensando en no dejar en olvido nuestros vínculos de hermanamiento, 
ya sabéis que por nuestra parte queremos que se sigan manteniendo y afianzando.

Asoc. Castrum Viride 
Castroverde de Campos
         _____________



Museo do Castro de Viladonga
__________________


Caro Amigo Manuel e toda a companhia de castro Verde, 
desejo com grande entusiasmo e amizade 
um Feliz Natal e um Bom Ano Novo 2011.
Que Jesus, resplandecente de luz e de glória, 
traga a todos os amigos de Castro Verde 
paz, amor e grande esperança. 
Sempre ligados aos meus amigos da galiza.
Até sempre

Paulo Madureira
Castro Verde do Alentejo
Portugal
 

15 diciembre, 2010

O Domingo, 19 Decembro 2010, 09:00


Próximo roteiro de ADEGA-Lugo adicado a Carvalho Calero      

Rio_meraO próximo Roteiro pola Lingua de ADEGA-Lugo terá lugar o domingo, 19 de decembro, na cidade de Lugo e estará dedicado ao profesor Ricardo Carvalho Calero, destacado intelectual galego, tanto no campo da creación literaria como no ensino, que fundou os principio da Institución Libre de Ensino, que implicaba unha educación participativa e en contacto coa Natureza.
 

Exposición "A modernidade construída. Arquitectura galega 1930-1970"


A delegación de Lugo inagura esta exposición o venres 17 as 20:30. O historiador e profesor Xabier Louzao disertará sobre ese periodo en claves historicas, artísicas, arquitéctonicas, sociais e económicas. O rematar servirase un viño español.

08 diciembre, 2010

O SÁBADO, 18 DE DECEMBRO DE 2010

 
M.Muñiz, A. Santos e A. Figueroa

ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS 

GDR4 -TERRAS DE LUGO-        

PROXECTO RUTA DAS FEIRAS- 
CASA DA CULTURA DE FRIOL

MAÑÁ:

Ás 9:00 h. Saída de Castroverde.
Ás 9:30 h. Ronda da Muralla, frente a sindicatos.
Ás 10:00 h. Casa da Cultura de Friol.
De 10:00 h. a 14:00 h.
            Presentacións das diversas actividades das Asociacións.
Arredor das 14:00 h. Xantar.

TARDE:

-Obra teatral do rapaces do CPI  de Friol.
-Actuacion de A Quenlla.

Voltaremos arredor das 21:00 h.

NOTA: Comunicar a asistencia antes do, sábado,  día 11 de decembro de 2010 por motivos de organización. Tede en conta que podemos ser máis de cen persoas. Tefono.: 659 523960 ou no correo electrónico.

Saúdos. Manolo Muñiz

En Castroverde – Lugo a comenzos de decembro de 2010


Prezado/a socio/a,

A intención desta carta é a de aproximarte moito máis a nosa Asociación. Digo isto porque unha Asociación que acolle a 127 entidades pode semellar fría e distante. Máis non é a nosa intención.
Como seguramente xa sabes a Asociación Terras de Lugo, tanto como Grupo de Desenvolvemento Rural, tanto como entidade sen ánimo de lucro, está a realizar varios proxectos con interese para o seu territorio de actuación.
Dentro deles, hai un que ten especial relevancia, polo seu contido e finalidade, pero tamén polo agarimo co que se acolleu no seo da Asociación. Trátase do proxecto denominado “Ruta das Feiras”, o cal ten como finalidade realizar un roteiro de longo percorrido que discorra polos 7 concellos que conforman o noso territorio (Castroverde, O Corgo, Guntín, Friol, a zona rural de Lugo, Outeiro de Rei e Rábade) tomando como referencia ou eixo vertebrador, a posta en valor das feiras tradicionais que neles se desenvolveron e desenvolven. É dicir, un roteiro que une os distintos campos das feiras.
Iniciouse o camiño aló por decembro de 2009, formándose unha comisión de traballo dentro da Xunta Directiva, na que cada concello estaba representado por dous membros. Estes, encargáronse de acadar información sobre as feiras de cadanseu territorio, así como servir de apoio ao grupo de colaboradores que se conseguiu por parte da Universidade de Santiago de Compostela.
Despois dun ano de traballo, pódese dicir que os resultados son aínda mellores dos agardados, e é por isto que o noso elevado estado de ánimo lévanos a organizar unha xornada na que poidamos contarvos todo aquelo que estivemos a facer.
A Xunta Directiva á que represento, escolleu como escenario o concello de Friol, atopando como mellor local o Centro Sociocultural, e como mellor data o sábado 18 de decembro de 2010.
Como falar dun só proxecto sábenos a pouco, decidimos abrir a xornada á exposición de actividades e actuacións realizadas por outras entidades representativas dos diferentes sectores socioeconómicos que compoñen o noso territorio.
Deste xeito queda estruturada unha xornada que comeza ás 10 da mañá e remata as 7 da tarde. Tal e como podes observar no programa adxunto, sobre as 14:00 horas teremos un xantar no restaurante “Casa do Grande” (Praza da Ponte nº 28 – 27220 –Friol) cun prezo de 20 € por persoa e de menú polbo con grelos e carne ao caldeiro. Todos aqueles interesados en quedarse a xantar, deberán comunicalo con anterioridade ao día 11 deste mes na nosa sede de Orbazai (ben por teléfono 982228922 / 626014105, ou ben por correo electrónico terrasdelugo@gmail.com). En caso contrario, a Asociación Terras de Lugo non se fará responsable da dispoñibilidade de prazas.
Asemade, podedes ver a destacada intervención de Mar Perez Fra, experta en Políticas de Desenvolvemento Rural e a actuación final que amenizará o evento por parte do grupo “A Quenlla” (actuación que aporta como colaboradora a Asociación Cultural Cova da Serpe de Friol).
Agardando a vosa presenza neste máis que interesante evento, recibide un cordial saúdo.
 Asdo.- Álvaro Santos Ramos (Presidente da Asociación Terras de Lugo)


02 diciembre, 2010

IV CERTAME LITERARIO "TERRAS DE CHAMOSO"


Por cuarto ano consecutivo a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país. Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía
Justificar a ambos ladosdo xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego. As bases do certame son as seguintes:

1. Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en LINGUA GALEGA.

2. Categorías:
- CATEGORÍA INFANTIL (dos 10 aos 14 anos).
- CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos).
- CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).

3. Modalidades:
- POESÍA (de 30 a 60 versos).
- RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.

4. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo).

5. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 26 de novembro de 2010.

6. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.

7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación, profesores de lingua galega e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.

8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase o sábado, día 18 de decembro de 2010 no centro sociocultural do concello do Corgo acompañada de actuacións e de varias sorpresas.

9. Non premiados: Os traballos non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas no prazo dun mes despois do fallo, se os/as autores/as non o solicitan.

10. Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes. A Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas (en papel, CD ou mediante internet).

Para calquera dúbida relacionada co certame literario chamar ao número de teléfono: 626739390.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A NOSA LINGUA BEN MERECE UN ESFORZO!