Muiño de Luaces |
Os asistentes ao roteiro ........ |
........e no muiño da Laxe |
Neste sábado, algo frío de mañá, mais luminoso e agradable, fixemos o percorrido do derradeiro roteiro dos muíños acompañados polos amigos da Asoc. Arcas de Sarria, dicir que, se o ano pasado comenzabamos por estas datas facendo os roteiros dos muíños, este ano completamos o percorrdo. Saímos de Rodinso e polo Grandón subimos en dirección a Pereira para subir a Nabeda, pasado o Grandón xa puidemos disfrutar de vistas sobre todo o val de Castroverde podendo ver moitos lugares, con Lugo ao fondo, ata as terras do Páramo, O Corgo, Láncara... desde Nabeda a Teixeda, facendo unha parada no cruceiro, desde aquí por baixo de Teixeda ata o Campo de Eiladrán, para baixarmos por debaixo do Gruñedo, subir ata Maceda. Breve parada en Maceda, desde Maceda a Vilarín podendo ver San Cibrao e de frente toda a Terra Chá, con Vilalba ao fondo. Desde O Vilarín baixamos novamente ao val do río Azúmara temos, que dicir que cruzamos varias veces diversas regos e fontes do comenzo deste río, para volvermolo encontrar á nosa esquerda, podendo ver de frente, A Cernada para irmos por debaixo do Escouredo ata as Cavozas e desde aquí por baixo de Berlán chegar á aceña da Laxe.
Dar as grazas aos de Arcas por ternos acompañado un ano máis e ata que nós lles poidamos volver a visita.
Castroverde, 5 de Marzo de 2011
Saúde, Terra e Lingua
Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario