Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

20 junio, 2011

Breve resume XXXIV TRAVESIA NAVIEGA (19-06-2011)

Saída da marcha


Hoxe domingo, día 19 de xuño, tivo lugar a vinte en catro travesía Naviega.
Unha pequena representación da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde desprazouse ata Navia. Ás 9:45 h. estabamos en Navia e desde alí agardábannos autobuses para desprazarnos ata o lugar de El Bao. Neste lugar xa agardaban moitas persoas, eramos, máis de mil, segundo a organización de “Peña Furada”, a quen agradecemos a súa amabilidade. Coa hora prevista, ás 10:30 h. arrancou a camiñata, ao logo do percorrido fomos agasallados; primeiro con auga, queixiño e caramelos, antes de Puerto de Vega. Aquí, recebimento con gaitas, pequena parada, volta a camiñar e,  logo xantar  cun bolo preñado, auga e postre, ao pé da praia de Frexulfe. Eramos tantos que algúns xa xantaramos, descansaramos, voltamos a camiñar e, aínda seguía chegando xente, despois dunha hora ou máis. Logo de camiñar unha hora, voltamos  ser agasallados cunha sangría e ao chegar á praia de Navia, recibimento con música e algúns, despois de 19 Km., aínda lles quedaron forzas para bailar.
Temos que dicir, e agradecer, unha vez máis,  a “Peña Furada” a perfecta organización para tanta xente e ser capaces de ter todos eses detalles, e sempre con protección civil 112, garda civil, 061, Cruz Vermella, policía local pendentes de todo.
Convidamos a todos a que para outro ano nos animemos a participar máis. Canto temos que aprender das Asociacións da Costa, digo da costa en xeral, mais non só as Asociacións, senón os organismos públicos e empresas privadas que conlaboraron en todo.
Xa non falamos das fermosas paisaxes que poderedes ver algunha nas fotos.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz



No hay comentarios: