Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

03 junio, 2011

IV ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS GALEGAS: 18 de xuño


O programa  será o seguinte:

9:15 h  Recepción das asociacións participantes no aparcadoiro da Casa Grande de Nadela.
9:30 h    Comezo da ruta de sendeirismo de 12 km pola ribeira do Río Miño sendo os puntos de maior interese os seguintes: Insua de Burneiros e caneiro para a pesca, desembocadura do río Chamoso, ponte e muíño da Foz, muíño e fraga da Fervenza e desembocadura do río Neira. Comentarios explicativos.
14:00 h  Visita á Ponte de Neira.
14:30 h  Xantar de confraternización: polbo á feira, churrasco de tenreira, bebida, postre e café. Prezo aproximado: 17 €.
16:30 h  Visita aos monumentos máis senlleiros do Corgo: O Castrillón, Casas Grandes do Corgo e Adai.
18:00 h  Actuacións no Campo da Feira de Adai.
19:30 h  Despedida.


Organiza: A.C. Arumes do Corgo
Colabora: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo
Participan: A.C. de Amigos do Patrimonio de Castroverde, A.C. Arcas de Sarria, Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco e A.C. Arumes do Corgo


No hay comentarios: