Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

12 octubre, 2011

AGRADECEMENTOS POLOS ACTOS DE FURIS...(FESTA DA VIRXE DO ROSARIO,2-10-2011)

       
Amigo Manolo Muñiz:

Xa pasaron uns días nas Festas do San Froilan, que rematan mañá, día do Pilar, e non queremos Manolo Gómez, Cesar Gómez e mais Eu, que pase máis tempo sen mostrarche formalmente o noso agradecemento máis sinceiro polo interese e axuda prestada na organización da Festa de Furis non só animándonos a invitar ao Orfeón Lucense para cantar a Misa, coa axuda da Asociación, que dignamente presides, "Amigos do Patrimonio de Castroverde", senón axudando a servir o xantar do Orfeón e invitados na "Casa Cantiz", de Manolo Gómez o Vicepresidente da Asociación. Tamén che agradecemos o resume que fixeches para enviar a Prensa así como as preciosas fotos. 
 
Facemos extensivo o noso agradecemento aos Membros do Orfeón, en especial ao Presidente, D. Xulio Xiz, ao seu Director D. Xesús Mato a,o Membro Subdirector D. Marcos e a Moncho, o organizador da viaxe. 
 
Non podemos rematar este comunicado sen mencionar a destacada presencia, en todos os actos, dos Membros do "CDR-4 TERRAS DE LUGO", o Presidente D. Alvaro Santos e Xerente D. Antonio V. Figueroa.  
 
A mín,como Secretario da nosa asociación, tocoume unha vez máis dar fe destes agradecementos, tamén meus.  
 
Saúdos afectuosos.
Pepe Yáñez.

No hay comentarios: