Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 agosto, 2012

BREVE RESUMO V ENCONTRO DOS CASTRO VERDES DA P. IBÉRICA.


Os asistentes ao V Encontro, diante do Concello de Castroverde de Campos



Este ano, como ben sabedes, os actos desenvolvéronse en castroverde de campos.
Estiveron presentes os srs. alcaldes dos Castroverdes de Campos-zamora e de Lugo e Presidente da Câmara de  Castro Verde de Portugal, xunto coas asociacións: Cortiçol de C. Verde de Portugal, Castrum Viride de Castroverde de campos e Asoc. Amigos do  Patrimonio de Castroverde de Lugo.
1)     día 25
-encontro na praza con homenaxe a Diego de Ordás. acto emotivo de irmandamento na igrexa de Santa María del Río. asinado de actas e posterior concerto do grupo "la maquila" de terra de campos. pola tarde: charla  explicativa arredor da importancia da igrexa de Santa Maria del Río a cargo de D. Jesús Cuesta e, posteriormente concerto do “Grupo da Terra” de Castro Verde de Portugal. moitas grazas a todos polos bos momentos que nos fixeron pasar, tanto aos de Castroverde de Campos coma os de Castro Verde do Alentejo. Parabéns aos amigos do “Grupo da Terra” polo seu bo facer.

2)     día 26
-         concentración na praza e posterior visita á vila – villa de Urueña – Valladolid-  visitamos a fundación Joaquín Díaz con coleccións de instrumentos musicais, colección de grabados de traxes, colección de pregos de cordel (cantares de cegos), etc., seguidamente visita ao centro e –lea Miguel Delibes cunha amosa da historia da evolución da escritura ata a imprenta dos nosos días.
Visita á libraría-enoteca “museo del vino”, e posteriormente visita á muralla. gracias a todas as persoas que nos explicaron os diferentes lugares. grazas ás Deputación de Valladolid e Zamora polos diferentes agasallos.
para rematar xantar na adega “Senda de los frailes” da famlia Cecilio Lera. gracias a todos os de Castroverde de Campos pola boa acollida que nos fixeron unha vez máis.

Un cordial saúdo
Manolo Muñiz

(reportaxe gráfica, AQUÍ)


No hay comentarios: