Presidente da Asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde"
QUERIDO AMIGO:
Aquí estou otra vez!!! desexo que a través desta misiva, facerche
entrega dun agarimoso saúdo que o estenderás ao resto dos compañeiros da
Asociación que presides. Como sabes, estiven pechada dentro dún caparazón e
metinme nun buraco coma os cangrexos para apartarme un pouquiño de case todo,
para vivir dalgún xeito, a necesidade de certa soedade pola perda de alguén tan
importante como meu pai; agora, coas súas forzas e as que teño herdadas nos
meus xenes por ámbolos dous proxenitores, dispóñome a seguir no mundo que me
toca vivir, tentando ollar moi, moi dentro de min que é o que a vida desexa que
faga para cumprir ese “cometido” que todos temos no noso plan de vida..... Como
sabes tamén, perdín o meu traballo e imaxino que será tamén porque nese sentido
tamén debo plantexarme novas historias que me enriquezan persoalmente e
entregar a outros, noutro estadio, a miña experiencia, formación e ilusión por
facer, deixar facer, aprender e transformar para mellorar sempre a nosa
calidade de vida persoal que sempre sérá a máis importante.....
Gustaríame agradecer a todos e cada un dos integrantes da Asociación
dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, o fermoso agasallo e as agarimosas
verbas que recibín na pintura que me destes. Tamén, que saibades que me
encantaría seguir recibindo as vosas mensaxes e, dende logo, que estou aquí
para o que precisedes dentro dás habilidades profesionais que coñecedes. Non
esquezo que cando comenzates a aventura da vosa Asociación, sempre apoiei as
vosas iniciativas, involucreime no que me pedistes e no suxerido polo Concello
coa posta en escea dós actos protocolarios. Fíxeno coa convicción de que pasos
como eses deberíamos telos por parte doutros moitos na sociedade na que nos
desenvolvemos.
Unha agarimosa aperta e seguide adiante cos vosos proxectos; eu dende
onde estea, estarei dándovos un empuxonciño, aínda que sexa mentalmente.
Bicos!!!
Doris López
No hay comentarios:
Publicar un comentario