Resumo Roteiro pola
Parroquia de Santo André de Barredo: Vilaxurxo- Barredo-Pena Branca-Vilar dos
Naraos-Barredo ata Soutomerille.
Neste sábado de comenzos de ano quixemos
facer o derradeiro percorrido do Roteiro: Monte Cubeiro – Barredo e enlazar coa
traza histórica do Camiño Primitivo.
Arredor das 10:00 h. saímos
do lugar de Vilaxurxo, pasando por Barredo, subirmos a Pena Branca, ao subirmos
levantouse, en poucos minutos unha néboa que ocultou todo o val e, mentres
demos chegado a Pena Branca e cambiamos de dirección, incriblemente, a néboa
desapareceu e puidemos ver, Vilar, Soutomerille, Vilaxurxo, Barredo, O
Sabugueiro, Vilafrío, A Meda, só por citarmos algún lugares. Ao baixar de Pena
Branca subimos camiño do Cruceiro e por detrás da Chousa de Varela baixamos a
Vilar dos Naraos, desde este lugar, por debaixo da Torre voltamos a Barredo. En
Barredo, unha vez máis, os que non visitaran a Queixería Santo André,
propiedade do noso socio, Reixa, puideron visitala unha vez máis. Agradecemos
desde aquí a amabilidade de Carlos e a súa familia para poder facer a visita.
En Barredo remataría o Roteiro.
Desde Barredo por Tras
Outeiro, fomos camiño das Varancas para achegármonos á Croa, Cemiterio, Casa
Torre de Arriba, Casa Torre de Abaixo e Igrexa de Soutomerille.
Con esta visita quixemos
amosar a posibilidade de unir, facilmente, uns roteiros con outros e; unha vez
máis reinvindicarmos a traza histórica do Camiño Primitivo que,
iría ata a igrexa de Soutomerille pola Corredoira do centenario castiñeiro,
voltaría por diante do cemiterio e polo camiño das Varancas levaríanos camiño
de Gondar e / ou Barredo e, non como delimitou oficialmente, pola estrada de
Paderne-Gondar, a nosa Ilustre
Consellería de Educación e Cultura que, tal traza imposta sen pisar o terreo,
parécenos un insulto á intelixencia.
Saúde. Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario