Na beira do rego Anguieiro, afluente do Chamoso |
Comezamos a camiñata e a poucos metros uns
fomos ao pé do Monte da Pedra Chantada e Monte da Espiñeira e outros polas Louseiras
para chegarmos á capela de Santa María, Marina ou Mariña no lugar de Vilafrío,
onde parece que houbo un mosteiro “monasterium
Sancti Salvatoris quod vulgo
Villafrigidum nuncupatur” en palabras de D. Nicandro Ares Vázquez, in Lucensia,
“Toponimia do Concello de Castroverde” páx. 46. Comentar que para chegar a
Vilafrío temos que cruzar o río ou rego de Racamonde que é un dos afluentes do
río Chamoso. En Vilafrío, salientar a pequena capela restaurada recentemente,
lástima que a restauración non fose máis acorde co lugar. Moi preto da capela
tamén é de salientar unha fermosa fonte, abandonada, que teriamos que recuperar
algún día.
Desde Vilafrío ao
Lugar do Pacio onde se conserva un pequeno souto que contrasta coa pradaría da
súa contorna. Estes dous lugares salientan pola concentración das súas terras e
a súa produción láctea. Do Pacio a Serés polo lugar do Marco da Portela, fondo
da Serra de Monciro que, segundo o noso socio Fernando Castedo xa se cita no
Catastro de Ensenada, marco que separa as parroquias de Serés e Francelos.
Antes de chegar a Serés voltamos a pasar outro pequeno río ou rego do Anguieiro,
outro dos afluentes do Chamoso. De Serés a Bolaño por entre Agra da Chousa e o
Agro das Sete Fontes para chegar á Cova da Valiña ou Xibil, que algúns voltamos
a visitar.
Desde a cova baixamos á aldea de Bolaño para visitarmos, unha vez
máis, o quiosco da música e As Lagas de enlagarar o liño que, por certo, alguén
continúa a tirar o lixo nese fermoso e especial lugar, denunciamos desde aquí
que se tomen medidas contra quen tira o lixo nese lugar que, por certo, xa hai
uns anos limpamos membros da asociación xunto con veciños do lugar. Comentar
que en Bolaño é onde está o comenzo do
río Chamoso. De Bolaño a Castro Verde e, aquí rematou a camiñata de hoxe. Onde
reivindicamos que hai que ter máis precaución, mirar onde se deposita o lixo, os
restos de plásticos e, ou outros
refugallos, xunto coas boas prácticas á hora de facer restauracións.
Os camiñantes diante do novo Albergue de Peregrinos de Castroverde |
Pola tarde, logo de
xantar, visita ao Albergue de Castro Verde onde puidemos comprobar o acolledor
que é, ao mesmo tempo comprobar que chegan peregrinos, aínda que nesta época do
ano non sexan moitos os que optan por
esta Rota ou Camiño. Reivindicamos desde aquí que se ten que recuperar a traza histórica
do Camiño Primitivo. É un despropósito
que tiveramos que reinvindicar un camiño que vén dereito ao albergue, mesmo
marcado por laxes que indican por onde tería que ser o acceso ao mesmo e, a día
de hoxe estea en total abandono. (Ver foto). Aproveitamos desde aquí para pedir
que se leve un libro onde se rexistren as visitas e incluso se fagan fotos de
posibles visitantes, á parte dos peregrinos que pasen.
Agradecer desde
aquí ao Xacobeo e Monse, "a alberguista", que nos facilitaron podermos ver o
albergue.
Agradecemos tamén
que nos acompañara no roteiro de hoxe, Álvaro Santos e súa dona Inés, comentar
que, Álvaro preside a Asoc. Terras de Lugo, e é deputado provincial. Dicir que
xa nos ten acompañado outras veces e agardando que non sexa a última. Grazas
tamén polas regueifadas que nos cantou.
Saúde, Terra e
Lingua.
Manolo
NOTA:
Irmandamento
– Viaxe a Castro Verde do Alentejo Portugal. O vindeiro mes
non teremos roteiro, xa que hai o encontro de Irmandamento para a fin de semana
do día 23 de marzo. Daquela os que se queiran anotar teñen que comunícalo
antes de que remate febreiro. Irán
ao Irmandamento as primeiras persoas que
se anonten por orde de inscrición.
ver album:
No hay comentarios:
Publicar un comentario