Os asistentes diante de Cámara Municipal |
Este sexto encontro
dos Castro Verdes da P. Ibérica desenvolveuse cunha axenda moi apertada e moi
profunda.
Son de salientar os
encontros das tres culturas, xa que foron a Castro Verde do Alentejo, á parte
das representacións dos concellos de Castro Verde de Campos e Castro Verde de
Lugo, estiveron presentes tamén as asociacións e as agrupacións musicais “La Maquila” de Zamora e o
quinteto “ Leña Verde” de Pol acompañados por Rosa Castedo, do grupo “Zuncunrrundullo”
que representaban ao noso concello.
O sábado visitamos
o Museo da Ruralidade, freguesía de Entradas, cunha mostra de todo o relacionado
co campo alentejano, a minería de Casto Verde e arquivo da oralidade.
É de salientar
neste encontro a visita a todas as Freguesías do Concello. Houbo actuación en
dúas delas. En Casével actuaron as “Vozes de Casével” e o grupo “La Maquila de Zamora”. A
cirse e as imposicións da “troica” queren que esta freguesía fique asimilada a
Castro Verde. Desexamos desde aquí os
mellores desexos para esta boa xente continúe a manter a súa personalidade e a
crise non llela roube.
No lugar de Sete, o máis pobado, da parroquia de Santa Bárbara de Padrões participaron os
“Caradadoes” e o quinteto “Leña Verde” acompañados por Rosa.
Se algunha freguesía quedou sen visitar, fomos almoçar,
xantar a ela, visitando, ou tendo relación con todas elas desde a Câmara. Parabéns
por esa iniciativa. Parabéns por todo o traballo e inicitivas que leva
realizado a Cämara e Freguesias de Castro Verde.
Pola noite actuaron os grupos de Camponesas de Castro Verde,
Leña Verde e Rosa de Castro Verde-Lugo, La Maquila de Zamora e o grupo de violas campaniças
da Escola de Castro Verde.
Como podemos observar, en Castro Verde cantan, particpan no
mundo musical, desde os máis novos ata aos máis vellos. Eu non coñezo en Galiza
ningún lugar onde haxa corais, grupos de diversas idades, xénero… que estean
tan compenetrados e que haxa tanta participación. Mentres que actuaban as Vozes
de Casével, noutra freguesía cantaban os Cardadores, e pola la noite as
Camponesas e os rapaces coa viola campaniça participan no encontro das tres
poboacións. Isto non é nada doado para organizar e manter. Parbéns e obrigados
por todo este fermoso traballo.
O domnigo tivo lugar o encontro oficial na Câmara Municipal,
no edificio dos Paços do Concelho. Onde interviron os representantes municipais
e das asocicaións, con palabras de ánimo e esperanza dentro desta situación de
crise, para que estes encontros non morran e as Freguesías manteñan a súa
independencia.
Seguidamente, visita ao Centro de Patrimonio e Turismo, un
edificio dunha antiga fábrica de fariñas, se converteu nun centro para a música
totalmente equipado. Unha vez máis, parabéns
a estes irmáns polo bo traballo.
Rematamos coa visita á zona do mercado e despois do xantar
(almoço para eles) despedímonos ata o vindeiro ano que correspondería ao noso
Castro Verde organizar o encontro.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
No hay comentarios:
Publicar un comentario