Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

09 abril, 2013

ENCONTRO COA CULTURA CANARIA




ROGELIO BOTANZ, CANTAUTOR:
Rogelio Botanz nace no País Vasco e vive nas Illas Canarias desde hai tres décadas. Conxuga unha tripla vocación como cantautor, profesor de Educación Musical e mestre de asubiar gomero. 
En 1985 é cofundador, xunto a Andrés Molina e Pedro Guerra  do “TALLER CANARIO DE CANCIÓN”. Este grupo, cos seus sete discos asina unha das páxinas indiscutibles da historia da música popular nas Illas. O TALLER supuxo unha  oportunidade para gravar xunto a artistas de proxección internacional como Silvio Rodríguez, Luís Eduardo Aute, Joaquín Sabina etc.  Trala etapa do TALLER, Rogelio leva editados catro C.D. e continúa  ofrecendo as súas cancións  tanto en solitario como á fronte  da súa banda “Puntos suspensivos”.  Con este grupo, ao longo dos últimos anos, ademais de percorrer as illas e a península actuou en Pretoria  (1998),  A Habana. (1999),  Montpelier  e Marsella 2002,  Agadir  (2005),  dentro do Festival Internacional  “Sete Sois sete Luas”  actúa en diversos escenarios de Portugal e Italia.

ROGELIO BOTANZ, MESTRO DE ASUBIAR GOMERO:

 Rogelio Botanz traballou como Coordinador do Programa Educativo “Contidos Canarios” da Consellería de Educación do Goberno Autónomo de Canarias. Desde esa responsabilidade coordinou e impulsou durante unha década o proceso de incorporación do ensino do Asubiar Gomero nas escolas da illa da Gomera. Actuou como secretario da Comisión Técnica que redactou o novo currículo, á vez que aprendía este sistema de comunicación no seu contacto permanente cos mestres asubiadores D. Isidro Ortiz e D.Lino Rodríguez. Desde hai dez cursos, desde a súa posición como Profesor Especialista de Música, no  Colexio Público ACENTEJO (Tenerife) exerce como mestre asubiador (silbador) na  primeira experiencia de ensino sistemático de asubiar fóra da illa da Gomera, Na actualidade e a petición de Cabildo da Gomera. é membro da Comisión Técnica responsable da Escola Insular de Asubiar da Gomera.

O ASUBIAR GOMERO:

 É un sistema de comunicación a distancia que pervive na Illa da Gomera desde o tempo dos primeiros gomeros. Este sistema de comunicación foi operativo durante miles de anos, foi capaz de adaptarse e substituír a lingua asubiada orixinal tamazigh, pola nova lingua que traían os conquistadores europeos, pero estivo a piques de desaparecer hai unhas décadas. Parecía que as novas tecnoloxías da comunicación, o teléfono, as estradas, convertían ao asubiar en algo inútil. Pero decidiuse ofrecer aos nenos e nenas da Gomera a oportunidade de aprendelo desde as escolas e este feito revolucionario supuxo a súa recuperación e recientemente a súa declaración pola UNESCO, como  patrimonio da Humanidade.
O asubiar gomero, cando emite un “texto asubiado”, pola súa propia natureza crea unha liña melódica determinada directamente polas palabras concretas da mensaxe que se está asubiando. Para un asubiador (silbador) experimentado chega claramente unha mensaxe verbal, palabra por palabra, pero para quen non está educado no  seu escoita, é simplemente unha liña melódica que lle recorda de forma difusa ao  canto ou á linguaxe dalgumha estrana ave tropical.

No hay comentarios: