Plano do roteiro |
O ROTEIRO
Buscando unha maior posibilidade de disfrute dos participantes no
roteiro deste ano e correspondendo aos que vos organizástedes, pensamos o seguinte:
Roteiro do mar:
Un percorrido pola ría de Ferrol no que se poida disfrutar da beleza
desta ría con unha persoa que fará ás veces de guía para dar unha explicación
dos aspectos históricos, paisaxísticos e industriais da ría.
Para iso contamos cunha lancha con capacidade e outra máis, lanchas que habitualmente se
dedican a este tipo de actividade para
150, sempre que sexamos máis de 150 persoas.
Pequeno refrixerio:
Unha vez que remate a viaxe por mar, no peirao de Mugardos faremos
unha pequena parada para repoñer forzas e líquidos.
Roteiro po terra:
Como complemento ao a viaxe por
mar faremos un roteiro duns doce kilometros dende Mugardos ao mosteiro de Sta.
Catalina.
O percorrido ten dous tramos ben diferenciados un chan que vai pola
beira do mar duns 6 km.
de dificultade mínima e outro duns 5
Km. de dificultade media. En estes 5 km. pásase do nivel do mar a
266 metros
de altura, onde se encontra o mosteiro.
Xantar:
Nun salón do mosteiro ou fóra si fai bo tempo faremos un xantar de
confraternidade servido por un catering, o mesmo que serviu na escola no
Centenario.
Visita o mosteiro e vistas da ría:
Como remate imos facer unha visita ao pouco que deixaron os militares
do mosteiro da man don coñecedor do tema e despois faremos un pequeno
desprazamento a pé para ve la ría dende uns miradoiros naturais marabillosos.
Prezos:
Aínda sen precisar o custe final estamos traballando con 3 € por
persoa a viaxe pola ría e 20 € a comida.
A isto hai que sumar entre 7 e 12 euros de bus,
dependendo dos que sexamos, polo tanto contade con 30-35 euros por persoa
PROGRAMA HORARIO
Data de realización: 25 de maio
Data para pechar a inscrición: 10 de maio
Hora de chegada a Mugardos: 9:30 horas (ollo a esta
hora, teremos que saír de Castro Verde ás 7:20 horas e ás 8:00 h. na Casa Grande de Nadela)
Hora de embarque: 10,00 horas
Remate do roteiro do mar: 12,00 horas
Pequeno refrixerio: 12,00-12,30
Comezo do roteiro de terra: 12,30 horas
Remate do roteiro de terra: 15,00
Xantar: 15,15 horas
Visita o Mosteiro e miradoiros da ría: 18 horas
Saída para os lugares de orixe: 20 horas
NOTAS:
- Mando adxunto un mapa do roteiro cas rutas a facer.
- Estamos abertos a considerar calquera suxerencia que teñades
- E moi importante coñecer o antes posible o número de persoas que van
a vir.
Coido que teremos que pechar a inscrición na primeira semana de maio e
ter un adianto da xente que se apunte a finais deste mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario