Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

17 mayo, 2013

NOITE DOS MUSEOS NO CASTRO DE VILADONGA

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e NOITE DOS MUSEOS
MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA


Sábado 18 de maio de 2013
PROGRAMA
A partir das 18 h., na Sala de Actos do Museo:
Apertura da exposición fotográfica sobre a Noite dos Museos (2005-2012) e
proxección de documentais de tema arqueolóxico.
No xardín do Museo: Demostración de xogos populares a cargo do Club de Bolos  O Cadaval (Pacios, Castro de Rei) e actuación do grupo de música tradicional Os Valuros, de Castro de Rei.
No Castro: Actividades de recreación histórica, con participación do público, a cargo de Caetra Lucensium e as asociacións do castra (campamento) do Arde Lucus.
Ás 19’30 h. na Sala de Actos do Museo:
Conferencia-concerto sobre música galega de tradición oral a cargo de Mini e Mero.
A partir das 21 h., no xardín do Museo:
Refrixerio con petiscos, bebidas e queimada
Ás 22’45 h:
Visita nocturna ao Castro, onde finalizarán as actividades
N.B.- Os horarios da Noite dos Museos indícanse de xeito aproximado. No caso de que ascondicións meteorolóxicas non permitiran as actividades previstas no exterior, faranse uns actos alternativos nas salas e nos pórticos do Museo.
Coa colaboración da ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CASTRO DE VILADONGA

1 comentario:

Unknown dijo...

Como vexo que organizades distintas actividades, gustaríame propoñeros aos membros da asociación unha viaxe guiada e unha visita ao zoo de Avifauna, onde podedes gozar en familia de aves de todo o mundo. Como sabedes estamos no concello de Outeiro de Rei, a 20 minutos do centro de Lugo. POdedes ir coñecéndonos na nosa web www.avifauna.net.