Inauguración: Mércores, 5 de xuño de 2013, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela
A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial promove o coñecemento dos artistas e creadores lucenses alén da nosa provincia a través dun programa denominado “Proxeccións Artísticas da Rede Museística da Deputación de Lugo”.
Nesta ocasión, o programa achega os debuxos e fotografías de Baldomero Pestana aos visitantes do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.
Cando regresou a Galicia definitivamente no ano 2008, a primeira visita foi a aldea de Pozos, nun pequeno val atravesado por un río de auga clara agora oculta polas árbores que medran nas súas beiras. Nese lugar naceu... pertencente a parroquia de Pena, no concello de Castroverde. En Lugo, en Galicia. Todo iso tivo que repetir unha e mil veces Baldomero Pestana cando ao longo da súa vida tivo que explicar o seu lugar de nacemento. …
Carmen Rico
Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Museo Provincial de Lugo
27001 Lugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario