Previamente, a partir das 18 h. efectuarase unha visita ao Castro e ao Museo guiada polo seu director Felipe Arias.
A actividade é de asistencia libre e gratuíta, no caso dos actos no Museo ata completar aforo.
Integrado por percusionistas cunha fonda formación e traxectoria concertística, Odaiko converteuse, desde a súa presentación en Holanda en 2002, nun dos grupos galegos de percusión máis innovadores e con máis proxección internacional. Odaiko toma o seu nome dun tipo de tambor oriental, caracterizado pola súa cor vermella e o seu dominante son. Nos seus concertos xuntan tradición e modernidade, melodía e ritmo, forma e improvisación, en diálogo creativo entre os músicos intérpretes e tamén co público. En Galician on board, Odaiko presenta un repertorio variado no que as percusións contemporáneas, como marimbas ou vibráfono e percusións electrónicas coma o xylosynth, se fusionan con elementos da música tradicional galega, entre os que atopamos tamén apeiros de labranza que foron empregados como instrumentos para marcar o ritmo das tarefas e alegrar os longos días de traballo no campo.
[ Máis información en http://www.espazossonoros.org/programacion-2013.html ]
No hay comentarios:
Publicar un comentario