Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

15 septiembre, 2013

Resume da XXXVI Romaxe de crentes galegos en Sta Uxía de Lobás

Amigos do Patrimonio de Castro Verde e Amigos da Milagrosa de Lugo


Este ano tivo lugar a Romaxe en Santa Uxía ou Ouxea de Lobás – O Carballiño- e, xa van alá 36 anos. Lugar fermoso, cunha carballeira e fonte únicas que son acolledoras, sendo de salientar a súa capela do século XII e o patrimonio da súa contorna.
O acto comenzou cunha primeira parte; O Lugar que nos acolle, acollida onde se cantaba o retrouso e lema desta Romaxe, “A esperanza corre présa”, con cantos de letras de Manuel María, Díaz Castro, Marica Campo ou Darío Xoán Cabana musicados polo grupo A Quenlla. Alusións, unha vez máis á explotación e esquilmación da Nosa Terra e agresións ao noso patrimonio. Una segunda parte; Mulleres de onte, mulleres de hoxe. Loitas de onte, loitas de hoxe. Nesta parte as protagonistas foron as mulleres; A Esperanza, María Castaña, María Balteira, María Soliña, Rosalía de Castro… continuando co acompañamento musical de A Quenlla e letras dos autores xa citados. A terceira parte; Memoria de Xesús, Memoria das discípulas. Nesta última parte seguen as mulleres a ser as protagonistas, Magdalena ou Madalena, Marta e María. Madalena é a que toma o pan e o viño para facer a bendición dos mesmos.
A cuarta parte; O berro seco. Acto de desafogo e desagravio da Nosa Terra.
A quinta parte; Entrega do ramo, para anunciarnos que o vindeiro ano a Romaxe será nas Virtudes no concello de Frades
A sexta parte; Despedida co Himno Galego.
Logo de Xantar, pola media tarde; acto de oración do solpor, na fermosa igrexa de Vera Cruz do Carballiño. Acto sinxelo, fraternal e moi acolledor.
Comentar que a igrexa do Carballiño foi levantada a mediados do século XX, 1955, e rematada arredor de 1975. A torre mide 52 metros e ten ao pé de duascentas escaleiras.

Saúde, Terra e Lingua
Manolo Muñiz

VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICO:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/XXXVIROMAXEDECRENTESGALEGOSStaUxiaDeLobas?authuser=0&feat=directlink

No hay comentarios: