Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

21 octubre, 2013

Xornada "Nuevos Horizontes en vivo"

              
Na parroquia de Anafreita, diante da Cova da Serpe
                   

                  Este pasado sábado 19 de outubro de 2013,  en relación ás actividades do proxecto Nuevos Horizontes, comentar que participamos nesta interesante xornada con visita a explotacións, museo e xacementos arqueolóxicos en varios concellos dos que conforma o GDR4 e da cal forman parte varias asociacións de Terras de Lugo, entre elas, a Asoc. Amigos do Patrimonio:
-       Visita á explotación Volta ó sacho no concello de Rábade. Grazas ao traballo e entusiasmo do promotor unha finca abondonada e con restos de todo tipo, convértese en produtivo, dando unha primeira colleita de patacas. Véxase: https://www.facebook.com/pages/VOLTA-%C3%93-SACHO/639219292767850?ref=stream. Agradecer a boa acollida e recepción de Jesús.
-       Seguidamente visita á Casa Museo de Manuel María ao pé da casa do Concello de Outeiro de Rei. Non imos expoñer aquí todo o que puidemos visualizar da vida e obra de Manuel María, salientar a importancia do proxecto e a boa acollida que nos fixeron Alberte Ansede e Fran Rei, os nosos guías nesta ocasión. Moitas grazas.

-       Seguidamene visitamos Vida de aldea en Aguiar (San Clodio). Todo un exemplo de recuperación da contorna, recuperación de feísmo e posta en valor do territorio. Visitamos as diferentes partes da exploación: A horta, a recupeación das construcións, os animais, as árbores senlleiras, etc. Agradecer a Xosé Ramón o seu traballo, esforzo e ideas para recuperar o noso mundo rural que se nos vai das mans. Moitas grazas Xosé Ramón pola boa acollida. Comentar que nesta explotación de horta ten unha parcela o noso socio Suso.
Información en: http://www.vidadealdea.com
-       Pola tarde logo do xantar en Vida de aldea, visita á explotación Casa Bértolo en Friol na aldea do Castro, parroquia de Condes (San Martiño). Aquí puidemos ver a estrutura dunha queixería montada sobre pacas de palla e trabes de madeira, facilitándonos cumprida explicación os seus propietarios; Concha e Xurxo  a quen lles agradecemos a súa amabilidade.
-       Para rematar a xornada visita á parroquia de Anafreita podendo visitar e recibir as oportunas explicacións da Cova da Serpe, da que nos falou o noso presidente e amigo Álvaro Santos, agradecer tamén que nos acompañara, a seguir visita á Neverira, unha construción típica, única que serviu para gardar a neve e funcionaba coma unha neveira, aquí as explicacións déunolas Suso o presidente da Comunidade de Montes de Anafreita e para finalizar visitamos a igrexa e centro social desta parroquia. Agradecer a Suso a súa compaña e explicacións.
Agradecemento a Antonio e Pablo, xerente e administrativo do GDR4- Asco. Terras de Lugo que coordinaron esta xornada de “Nuevos Horizontes”.
Saúde, Terra e Lingua
           Manolo

No hay comentarios: