Reserva da Biosfera Terras do Miño
-----------------------------------------------
A Asociación Galega de Custodia
do Territorio e Charcas con Vida convocan unha xornada de voluntariado
ambiental para creación de charcas que se celebrará o día 30 de novembro na
Casa das Insuas.
Durante esta xornada
recuperaremos unha antiga canle de rega situada na cabeceira do Prado da Ponte,
finca custodiada pola AGCT na que a entidade desenvolve diversas actividades de
educación ambiental e conservación da natureza. Crearemos tamén unha nova
charca para ofrecerlle á flora e á fauna da zona un novo hábitat, moi escaso e
ameazado na zona.
As canles de rega e as charcas
de prado foron unhas estruturas de grande utilidade durante o pasado, xa que se
usaban para regar as fincas e para acumular auga para usar durante a época
estival. Os animais tamén as usaban para desenvolver o seu ciclo vital,
alimentarse, reproducirse, etc. É por iso que este proxecto vai ter unha grande
influencia sobre a conservación da biodiversidade da zona.
Con este proxecto, tamén
pretendemos implicar ao voluntariado nunha actividade de especial interese para
a conservación dos invertebrados, anfibios… que viven nos sistemas acuáticos e
recuperar os antigos usos tradicionais que se lle daba a auga na agricultura.
O voluntariado contará con
seguro de accidentes, comida e ferramentas apropiada. Será necesario levar
roupa de traballo e botas de auga.
Para inscribirte, envía un
correo a custodiadoterritorio@gmail.com
ou no 630-94.82.93 (Martiño).
Esta actuación enmárcase no
proxecto Charcas con Vida, coordinado por ADEGA que conta coa colaboración da
Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio
Ambiente. As actividades da Casa das Insuas son organizadas pola Asociación
Galega de Custodia do Territorio, realízanse coa colaboración co Concello de
Rábade.
Unha aperta,
A Xunta Directiva da
AGCT
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario