ADEGA organiza para os días 17 e 24 de xaneiro, ás 20 horas, as xornadas “Cara unha nova cultura da economía sostible” que terán lugar na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo. Serán unhaconferencia e unha mesa redonda nas que se tratarán diversos aspectos sobre a relación entre a Economía e o medio ambiente e as novas formas de xestión que se están a promover na dirección da sostibilidade.
A Economía do Ben Común
O venres 17 de xaneiro, exporá a idea deste novo movemento Javier Goikoetxea, vogal de empresas da Federación española para o fomento da Economía de Ben Común. A iniciativa está a espallar un modelo económico no que as mesmas empresas se corresponsabilizan das súas accións, e non unicamente en base aos beneficios económicos para os seus accionistas, senón tamén con miras ao beneficio que achegan á sociedade. Actualmente xa forman parte deste proxecto numerosas empresas europeas.
O sistema eléctrico, a tarifa eléctrica
A tan odiada tarifa eléctrica e o seu sistema de fixación de prezos e as posibles solucións para o consumidor de enerxía serán abordadas o venres 24 de xaneiropor unha mesa redonda composta por:
-Adrián Dios, autor dunha tese sobre o sistema eléctrico;
-Iria Aguete, voceira da asociación de consumidores ADICAE;
-Pablo Álvarez, presidente da cooperativa verde de consumo enerxético, “A Nosa Enerxía”.
As súas intervencións e as do público asistente serán moderadas por Manuel Soto, profesor da Universidade da Coruña e membro de ADEGA, co obxectivo de tentar comprender o actual panorama enerxético e atopar solucións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario