Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 mayo, 2014

III Encontro sendeirista e cultural Lucus a Pé


Estimados amig@s:

Como xa vos comentamos nun correo anterior, a Sociedade Micolóxica Lucus organiza para o vindeiro 8 de xuño (domingo) a III Encontro sendeirista e cultural  
Lucus a Pé ao que vos queremos convidar.

A ruta está especialmente deseñada para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade de Lugo e parte do magnífico cinto verde da contorna.

Haberá tamén un acto de recreación histórica cunha comitiva de lexionarios romanos e tamén unha comida de campo e todo o evento será gratuíto para as asociacións.

Estamos a traballar moito para que sexa, como na anterior edición, un grande evento no que todos os participantes desfruten do percorrido e nos gustaría contar coa vosa presenza.

Animádevos !


Tedes toda la información sobre esta ruta na web: 
www.smlucus.org/lucusape e para calquera dúbida podedes contactar con nós por email a info@smlcucus.org ou por teléfono no 676750812.

Adxuntamos boletín de inscrición, cartel e folleto informativo.

NOTA IMPORTANTE: Se enviades o boletín de inscrición cuberto por email (é un pdf reenchible) tédelo que gardar despois de cuberto e antes de enviar, senón chegaranos baleiro.

Agardámosvos en Lugo o domingo 8 de xuño no   
Lucus a Pé!  

No hay comentarios: