Como ben sabe, despois dun longo percorrido, a ICANN asignou un dominio .gal para a lingua e a cultura galega. É un dominio que vai identificar todos os galegos e galegas en Internet, independentemente do lugar do planeta onde se atopen. Non nos cansamos de dicir que é un logro de toda a sociedade galega e temos o convencemento de que será un instrumento eficaz para incrementar a conciencia da nosa identidade e unha maior cohesión social.
Nese acto informarase sobre as fases de lanzamento do dominio, e especificaranse os prazos, prezos e requisitos para acceder a un dominio .gal. A primeira páxina web creada baixo o dominio .gal recollerá toda esta información e será activada no transcurso do acto poloPresidente da Xunta de Galicia.
Intervirán no acto:
- Manuel González González, Presidente de PuntoGal
- Xosé Antonio Gómez Segade, Catedrático de Dereito da USC
Gustaríanos contar coa súa presenza neste evento, que terá lugar o día 16 de maio ás 11h no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e que quixemos facer cadrar na véspera dunha data tan sinalada coma é a do 17 de maio, na que coinciden a Celebración do Día das Letras Galega e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, tamén coñecido como Día Mundial de Internet.
Un saúdo cordial.
Manuel González González
Presidente de PuntoGal
Rógase confirmación no tfno. 881 995 200 ou no enderezo electrónico:actopresentacion@puntogal.org

No hay comentarios:
Publicar un comentario