Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

31 marzo, 2011

Inauguración da Exposición

Paco Pestana, artista nado en Castroverde

PRESENTE ARMAS
de
PACO PESTANA

Lugar: 
Igrexa de Santa María 
(Ronda da Muralla)
Día: xoves
Hora: 20:00 h.

XORNADA SOBRE AUGA E ENERXÍA. 3/04/2011. CASA DA CULTURA DE MUIMENTA. CONCELLO DE COSPEITO

 

80º aniversario da declaración como BIC do convento de San Francisco

Celebramos o 80º aniversario da declaración como BIC do convento de San Francisco (sede do MPLugo), coas intervencións de 
Fernando Arribas
Mercedes Salvador
César Carnero
Aurelia Balseiro
Repoñemos o documental:
A arte que se pisa. 
Jesús Amor Vázquez, 
artífice do pavimento do claustro de San Francisco.
Nova poesía dun poeta novo: 
Luís López Alonso
Música: 
Begoña Lorenzo
Iago Mouriño
E outras sección habituais como a entrega de diplomas a amigos/as da revista

Presentación do libro de relatos "MADEIRA DE MULHER"

Adela Figueroa


"Coñecemos O Corgo", comunicado remitido polos nosos amigos de "ARUMES DO CORGO"

Estimado compañeiro/a:

No mes de abril de 2011 realizaranse as presentacións de traballos para adquisición da condición de novos socios/as do Centro de estudos do Corgo, actividade que demos en denominar "Coñecemos O Corgo", e que despois das dúas xornadas do 2010, serían a III e a IV. Farase en dous días e como sempre as intervencións serán breves, non superando os 15-20 minutos. Para elo terán a disposición os medios electrónicos que precisen.
O programa de presentación de traballos é o seguinte:

COÑECEMOS O CORGO III

O sábado, 2 de abril de 2011, 
no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. En quendas de 15-20 minutos os temas a tratar son:

• Javier GÓMEZ VILA:
“O camiño real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo”.
• Juan ORTIZ SANZ e Miguel Ángel PIÑEIRO GÓMEZ:
“Catalogación de construcións rurais tradicionais. Os hórreos no concello do Corgo”.
• José Manuel BLANCO PRADO:
“O santuario da Virxe das Virtudes (Pedrafita)”.


COÑECEMOS O CORGO IV

O sábado, 16 de abril de 2011, tamén no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h. 
Nesta ocasión os relatorios serán:

• Xosé Manuel CASTRO CASTEDO: 
“O galego en Queizán. Vocalismo, consonantismo e fonética sintáctica”.
• Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ: 
“O pazo do corgo”.
• José Luis GARROSA GUDE: 
“O traballo compilador de Francisco Vázquez Saco: 
as oracións de elaboración do pan e outras tradicións orais do Corgo”.
• Mario OUTEIRO IGLESIAS: 
“Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”.

ROTEIRO ARCA-SANTIAGO. SÁBADO, 9 DE ABRIL DE 2011

Ás 7:30 h.: Saída de Castroverrde 
Ás 7:55 h.: Ronda da muralla diante de Sindicatos. 
Äs 9:15-9:30 h. Arca –Santigo
Ás 14:00 h. Xantar, arredor desa hora.

SÁBADO POLA TARDE 
Visita á Cidade da cultura.

Comunicalo antes do día 6 de abril, no tefonohabitual ou no correo electrónico, por motivos de organización; autobús e xantar.

Saúdos. Manolo Muñiz

IV XORNADAS DO PEREGRINO


IV XORNADAS DO PEREGRINO.
Programa- Homenaxe  ó ilustre escritor mindoniense-universal   
“Álvaro Cunqueiro” 
no 100 Aniversario do seu nacemento.  
Viaxes en autocar e recorridos a pé  polos lugares relacionados coa vida e as obras de Álvaro Cunqueiro.

4ª actividade).

Meses de Abril, Maio e  Xuño.
Peregrinación polas Terras Cunqueirianas.  
A Variante do Camiño Norte de Santiago polas “Terras de Miranda”.

Borrador-Avance do Programa:

Venres 15 de Abril.
Xornada Informativa e Musical.
As 20,00 Horas na Casa da Cultura de A Pontenova.
Charla-Coloquio
“Álvaro Cunqueiro e O Camiño de Santiago”   
por Francisco Singul . Representante da S.A. de Xestión do Xacobeo.
A Continuación . Mesa-Debate
“O Camiño Norte da Costa  e as suas Variantes: A Variante  do Interior polas Terras de Miranda. A Variante Maritima a Basílica de San Martín de Mondoñedo. O Camiño do Mar.O Camiño de Volta ó Salvador de Oviedo”
Participan:
José Joaquin Miláns del Bosch. 
Presidente da Aso. Asturgalaica de Amigos do Camiño de Santiago da Costa.
Angel Trabada. 
Presidente da Aso. de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo.
Luis Fernández Ansedes. 
Presidente da Aso. “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago (A Mariña- A Terra Chá)
Juan Ramón Fernández Pacios. 
Representante do Centro de Interpretación do Camiño Norte de Santiago en Mondoñedo.
Modera:
Juan Carlos Fernández Pulpeiro. 
Representante da Deputación Provincial de Lugo.
O Remate. 
Actuacións: da Coral “Mestre Pacheco” da Escola Municipal de Música de Mondoñedo. Dirixida por Xulia Nogueira
 e da Coral de A Pontenova. Dirixida por...

Sábado 16 de Abril.
Viaxe Turistico-Cultural en autocar.  
Invitacións a representantes de Institucións, de Medios de Comunicación, de Asociacións, etc.
Saida ás 8,30 horas da Praza do Seminario de Mondoñedo con visitas en:
Trabada:   
Igrexa de A Cadeira.  Pazo de Terrafeita. Finca O Bizarro. Casa de Miranda de San Martín na Ría de Abres.
Santiago de Abres.  
Na Igrexa Parroquial.  Ofrenda-recordatorio no 1º aniversario do falecemento de Cándido Sanjurjo(cofundador da Aso. Asturgalaica da Costa  de Amigos do Camiño de Santiago).
San Tirso de Abres: 
Visita ó Centro de Interpretación da Pesca no río Eo e a Capela de San Juan en El Llano.
A Pontenova (antigo Concello de Miranda):   
visitas ó Museo de Arte Sacro  do Conforto e o Complexo de “Os Fornos”. Actuación da Banda de Gaitas de A Pontenova.
A Pastoriza:   
Visita ó Conxunto Etnográfico do paseo fluvial  de Miñotelo e a Igrexa Parroquial  de Bretoña.
Riotorto: 
Visita a Área Etnográfica de Ferrería a Vella (artesanías de ferro) con demostraccións en vivo dos artesáns.
15 horas. Xantar na Casa de Turismo Rural Cazoleiro da Serra de Meira.
Menú Promoción de Produtos Autóctonos:
Fabas de Lourenzá con Xabarín da Serra de Meira.  Vitela asada
Tarta,  Leite callada e Flan. Viño D.O. Ribeira Sacra  e Café.
Polo serán visitas en:
Meira:   
Visita guiada a Igrexa de Sta. Maria e ó Pedregal de Irimia ( lugar de nacimento do río Miño).
A Pastoriza:  
Paseo polo entorno da Lagoa de Fonmiñá.
Pol: 
Recorrido polas parroquias do Concello, con parada en Mosteiro.
Castro de Rei:   
Visita ó Castro de Viladonga...
Regreso a Mondoñedo.

 Peregrinación a pé. 
Recorrido da Variante do Camiño Norte de Santiago do Interior desde A Ría  de Abres (Trabada)  por San Tirso de Abres- A Pontenova, Riotorto, Meira, A Pastoriza, Pol, Castro de Rei ata o enlace co Camiño Norte  Primitivo en Lugo. Prazo de Inscricións para a peregrinación  ata o día 20 de abril. Comenzo a pé das etapas as 10 h.
1ª etapa.   
Domingo 24 de Abril
Ría de Abres(Trabada)- San Tirso de Abres- A Pontenova 17 Km.
2ª etapa.  
Domingo 8 de Maio
A Pontenova- Riotorto- Meira 21 Km.
3ª etapa.  
Domingo 29 de Maio
Meira- Paraxes (A Pastoriza) –Lea (Pol) 22 Km.
4ª etapa.  
Domingo 26 de Xuño
Lea (Pol) - Castro de Rei - Lugo 20 km.
 
5ª actividade).  
Mes de Xullo.
Peregrinación polas Terras Cunqueirianas.
Nos lugares milagreiros do Bispo Santo “ San Gonzalo”.
Recorrido da “Variante Maritima a Basilica de San Martiño de Mondoñedo (Foz)”. Desde Ribadeo  pola beiramar de Barreiros e Foz ata o enlace co Camiño Norte da Costa  en Mondoñedo.

Borrador-Avance do Programa:
1ª etapa 
Domingo 10 de Xullo.  
(Tramo do Camiño de Ida en dirección a   Catedral de Santiago de Compostela)
Basílica de San Martiño(Foz) - Mondoñedo  25 km.
 A chegada a Viloalle-Mondoñedo. Celebración da 

XXI Romaría na Area Recreativa de “A Fervenza” 
- A Carón do Camiño Norte de Santiago.
-         13,30 h .Misa na Capela da Ferrería na honra da Virxe do Camiño.
-         14,30 h. Xantar Campestre de Irmandade e Actuacións Musicais.
-         16,00 h. Xogos Populares: Torneo da Chave e Xogos Acuáticos na Piscina Fluvial.
2ª etapa.  
Domingo 31 de Xullo. 
(Tramo do Camiño de Volta en dirección a Catedral do Salvador de Oviedo).
Basílica de San Martiño - Foz - Barreiros - Ribadeo   28 km.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

6ª actividade).  
Mes de Septembro.
-Viaxe a Bretaña Francesa. 
Rememoración das Crónicas do Sochantre.
Toma de contacto coas poboacións irmanadas de Treguier e Lannion,  visitas e intercambios culturais.                                                                                                                                       
Datas previsibles do 1 ó 9 de septembro
Desplazamento en Ferry desde Gijón (Asturias).
-------------------------------------------------------------------------------------------


Organiza:
Asociación “Abrindo Camiño” de Amigos do Camiño Norte de Santiago.                                 
Información e Inscripcións: Teléfonos: 982521075-639072769 Email   elremansoes@yahoo.es
Posibilidades de Aloxamento en Mondoñedo a través da organización: na Finca Rural “El Remanso” de Viloalle ou na Hospedería do Real Seminario.
Colaboran:
Concellos de Trabada. San Tirso de Abres. A Pontenova. Riotorto. Meira. A Pastoriza. Pol. Castro de Rei. Lugo.
Concellos de Ribadeo. Barreiros. Foz. Mondoñedo.
Deputación Provincial de Lugo.
Xunta de Galicia.   S.A. de Xestión do Xacobeo.

                                                                                                         

27 marzo, 2011

O Barco 'Muralla de Lugo' visita este domingo Castroverde

Imaxe da inauguración do "Muralla de Lugo"

Nota de prensa da Deputación de Lugo

A embarcación estará amarrada na Praza do Concello, coincidindo coa feira que acolle a localidade en domingos alternos, e o horario de atención ó público será de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30
O periplo da aula turístico medioambiental polos concellos da provincia continuará, xa en abril, por Vilalba, Antas de Ulla, Pol e Portomarín
O Concello de Castroverde é o próximo destino do Barco Muralla de Lugo, botado pola Deputación hai cerca dun ano co fin de promocionar dentro e fóra de Galicia os atractivos da Costa lucense e a riqueza medioambiental da provincia. A embarcación estará amarrada na Praza do Concello de Castroverde este domingo, coincidindo coa feira que a localidade acolle cada quince días, e o horario no que os veciños poderán entrar será de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:30.

Tras deixar Castroverde, a nave continuará o seu percorrido, xa en abril, por Vilalba, os días 2 e 3; Antas de Ulla, o 9 e o 10; Pol, o 16 e o 17; e Portomarín, o 23 e o 24. A este último municipio, o barco “navegará” con motivo da celebración da tradicional Festa da Augardente.
O Muralla de Lugo inclúese dentro de Lug02, o programa medioambiental da Deputación dotado de 5 millóns de euros -cofinanciado nun 70% pola Unión Europea-, e o ano pasado, na súa primeira tempada, tivo uns 18.200 visitantes. Foi construído por unha empresa de Burela e pintada en Viveiro. O seu interior está dotado con ordenadores, todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico que cederon na súa totalidade e de maneira gratuíta as confrarías de pescadores da Mariña e o Concello de Viveiro. Nas localidades nas que recala distribúense dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.
Como complemento desta iniciativa, a Deputación puxo en marcha tres aulas móbiles de interpretación da natureza, dedicadas á Montaña e á Terra Chá. Estas aulas desprazaranse este domingo a Bretoña, en A Pastoriza, onde terá lugar a cuarta edición da Feira de Bola de Liscos e das Freces. Estarán emprazadas na Praza Maior da vila pastoricense e o horario de atención ó público será de 10:00 a 17:00 de xeito continuado. O obxectivo destes espazos e difundir e concienciar sobre o necesario coidado do medio ambiente entre a cidadanía en xeral e os escolares en particular. Para elo propóñense actividades formativas e lúdicas como proxección de vídeos ou rotas de sendeirismo.

RESUME ROTEIRO POLO CAMIÑO A SANTIAGO ARZÚA-(Pedrouzo)- ARCA SÁBADO, 26 DE MARZO DE 2011

Rúa porticada da vila de Arzúa

Neste sábado, algo gris, mais cunha agradable temperatura para camiñar, aínda que  ao final da mañá nos chovera un pouco fomos librando ben. Dicir que nesta camiñata, nesta ocasión fomos poucos os que fixemos este traxecto de Camiño entre Arzúa e Pedrouzo, aquí rematamos onde pensamos continuar o próximo sábado, 9 de abril. Saimos de Arzúa para adentrarnos por lugares entre prados, carballos, eucaliptos... pasando por aldeas e lugares como  As Barrosas, Raído, A Calzada, Ferreiros, Suso, Boavista,  A Salceda, Brea, Santa Irene, Rúa ata chegarmos a Pedrouzo. Non temos nada en especal que comentar, soamente facer alguna crítica polas numerosas veces que hai que cruzar a estrada Lugo -Santiago, aínda que parece que ultimamente arranxaron algún cruce, comentar tamén que algúns dos peregrinos comentaron que non viñan polo Camiño Primitivo pola nosa Zona (Oviedo-Melide) porque había poucos albergues e servizos, isto tería que servir de reflexión para as autoridades autonómicas, provinciais e locais, mais parece que estas cuestións aos nosos reprensestantes locais destas zonas, interésalles ben pouco o Camiño Primitivo. 

Saúde e Terra.

Manolo Muñiz

26 marzo, 2011

Andanzas, chanzas e danzas en Castroverde


San Francisco e mailo lobo da Vacariza


¡Hai que ver cómo se deforman as verdades co paso, non do tempo senón das xeracións, e máxime agora, que a tradición oral tamén está en crise, outra, pero esta, sociolóxica, precisamente a que comezou coa desaparición das lareiras! Cómo será a cousa que incluso aos Xanciños lles están chamando Iván…; pois algo parecido está ocorrendo co termo da Vacariza, que nos esquecemos de que alí estaba un posto de “vaco”, de vacar, unha especie de posta para descansar e mudar de cabalos, cuadrigas e todo iso, daqueles romanos que tanto ían como volvían entre o seu, ¡o noso!, Lucus Augusti e maila Gigia, ou Xixia, ástur. ¡Pero qué iletrados, crer que daquela os romanos, con tanta pradería ao seu dispor, ían ter as vacas, as vacadas, no alto da serra do Pradairo, expostas ás xeadas, e tamén aos lobos, aos da Serra, que non da loba capitolina!

Falando de lobos: Para lobo aquel macho que lle saíu a San Francisco cando ía para Santiago polo Camiño de Ídem, etcétera, etcétera. Pero terei que entrar en detalles pois, de tanto esquecer, e de tanta terxiversación, igual temos alguén que confunde o lobo da Vacariza co de Gubbio. Só teñen de común que ámbolos dous se fixeron amigos do povereto de Asís.

Para comezar, coas andanzas veñen as chanzas, as chanzas pero tamén os chances, pois sen andanzas non hai venturas nin aventuras, que o mundo fíxose para andar, que ben nos dá exemplo nos seus movementos, rotando e trasladándose. A quietude é cousa, privilexio, de cadáveres. Se Santiago non se puxese de Camiño, igual seguíamos co fouciño, quitándolles carriza aos carballos para elaborar a consabida beberaxe de Asterix; e sen ese Camiño, ¡non tan primitivo!, tampouco nos visitaría nada menos que San Francisco. Grazas ao Santo de Asís houbo convento, e no convento abades, ¡abades de Vilabade, a Vila do Abade!

O que non teño tan claro, pois a tradición é o que ten, que vai deformando as verdades ata convertelas en mito, é cándo lle saíu o lobo, se á ida ou á volta, pero utilizando ese sentido que é o menos común de todos eles, que por alto lle chamamos ¡sentido común!, inclínome a pensar que a cousa do lobo tivo que ser á ida,     que por algo lle chamou a atención este sitio: ¡lobos arriba, e verdes abaixo! O convento fundouno á volta, coa santidade acrecentada en Compostela: -Vou fundar un cenobio de poveretes, tantos que hai nesta terra tan rica…, unha terra rica de xente pobre! Despois de domea-los lobos, agora cómpre domea-los tiranos, pois, canto mellor é a terra, máis abundan os terratenentes… ¡Así o pensou, seguro, pois ás probas me remito!

As tradicións hai que puílas de cando en vez, para que non se deformen as lembranzas, que non nos pase coma ao pintor deste cadro, que situou o convento arriba, e o lobo abaixo, cando en Vilabade pasou o contrario!

Cambian os tempos e cambian os nomes: o Abade actual da Vila do Abade chámase Manuel, e non Francisco, pero aténdonos aos feitos, ben parecidos son. ¡Larga vida ao señor Abade, chámese como se chame, pois o importante é o dito, os feitos!    

Xosé María Gómez Vilabella