Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

30 marzo, 2009

Inauguración: venres, 3 de abril de 2009, ás 20:00 horas. (Do 3 de abril ao 31 de maio de 2009)

INAUGURACIÓN da EXPOSICIÓN:
Rexistros abertos. Materias, contextos e narrativas na arte galega actual


Baixo a epígrafe Rexistros abertos. Materias, narrativas e visións na arte galega actual, preséntase un proxecto expositivo que pretende amosar unha serie de percepcións sobre o panorama da plástica actual en Galicia a través de creadores e obras que abren camiños de tránsito constante ligados á arte galega contemporánea. A selección aquí proposta ten como pretensión indagar e amosar claves matéricas, formais, temáticas e relacionais… vixentes na plástica galega recente.

ver máis

29 marzo, 2009

Artigo sobre Ramón Piñeiro

Os camiños da vida
Balón intragástrico
X.L. Méndez Ferrín
Faro de Vigo 27/03/2009

Como é sabido a Academia Galega dedicoulle o Días das Letras Galegas a Ramón Piñeiro. Esta figura é complexa. Por unha banda representa, en política, unha das posicións do lexitimismo galeguista de pre-guerra civil. Pola outra banda Piñeiro é un autor dalgúns ensaios con intención filosófica e análise literarias. Eu sempre lembrarei con afecto que Ramón Piñeiro escribiu como prólogo a un meu libro un dos textos con máis intensa vontade de estilo dos que nunca producirá nin chegou a producir. Ou así o entendo eu, se cadra de xeito interesado. Pro, por cima e por baixo, de arca e de couso, Ramón Piñeiro foi sobre todo un activista político.
É ben curioso o feito de que o autor lembrado no Día das Letras, sendo como era suxeito dedicado en corpo e alma á política, nunca escribiu verdadeiros textos políticos, aínda que as súas lucubracións sobre a filosofía da Saudade ben poderían ser lidas como textos políticos.
Piñeiro foi o arquitecto principal do que podemos chamar o galeguismo da guerra fría. Dirixente incontestado e autócrata do seu grupo, liquidou o Partido Galeguista para organizar os seus seguidores no labor monográfico de facer literatura arredor da Editorial Galaxia de Vigo. Pro ese grupo non era só literario. Estaba dotado de ideoloxía. E os elementos constitutivos desta, que nós chamanos “piñeirismo”, con os seguintes: non nacionalismo, federalismo europeísta, anti-comunismo. No que se refire á literatura, Piñeiro era pragmático e sectario. Non aceptaba na literatura galega máis que tres direccións básicas: o lirismo, o humorismo e a fantasía. Así pensaba el e así o deixou escrito en varios lugares. Para el, o realismo, especialmente o socialrealismo, era unha tendencia altamente sospeitosa de infiltración comunista.
Despois de abolir o Partido Galeguista e de negarse a acatar a autoridade do Consello de Galiza fundado por Castelao, Piñeiro chegou á chamada Transición coas mans baleiras. Polo tanto, ao revés que os cataláns e os vascos, os galegos non puidemos facer valer o noso peso político cun goberno galego no exilio e, ao modo de Tarradellas, non fomos capaces de pór na pre-autonomía unha figura histórica do tipo de Antón Alonso Ríos.
Así as cousas, Piñeiro tivo unha triste fin política. Condenou Martínez López e as boas persoas que intentaron tras a norte de Franco resucitar o Partido Galeguista. Montou, desesperadamente, unha pantasía chamada Realidade Galega con Carballo Calero e outros. Finalmente, foi deputado no Parlamentiño nas listas do PSOE, nun grupo chamado de “galeguistas históricos” no que estaban Benxamín Casal, Carlos Casares y Alfredo Conde. A verdade é que se os últimos eran iso, eu, poño por caso, podería chamarme a min mesmo “galeguista-pre-histórico” con total xustiza.
Levamos xa meses con Ramón Piñeiro nomeado para o Días das Letra. O 17 de Maio aproxímase e a opinión pública de Galicia non recibe ninguna nova noticia sobre Ramón Piñeiro. Non vexo aportacións reveladoreas nin sobre o seu pensamento teórico nin sobre a política (ou ausencia de política, máis precisamente) que el encarnaba con poder omnímodo sobre o estricto círculo dos seus seguidores. Por exemplo: seguimos sen saber por qué Piñeiro foi preso nos anos cuarenta, cáles foron os cargos da acusación e cál tribunal o condenou a unha severa pena de prisión.
Nada do escrito por X.L. Franco Frande na súa obra Os anos escuros sobre Piñeiro e o piñeirismo foi, polo momento, acrecentado. Vexo que os que hoxe se consideran herdeiros de Ramón Piñeiro gardan un silencio moi extraño.

28 marzo, 2009

"Amigos do Patrimonio de Castroverde" rescata un artigo de RAMÓN PIÑEIRO con motivo da Autonomía de Galicia


"Os primeiros pasos dunha Galicia nova"
artigo de Ramón Piñeiro

Vida e obra de Ramón Piñeiro


Algunhas imaxes dos actos das Xornadas sobre Ramón Piñeiro




















F.Albor
, V.Freixanes, D. Villanueva, A. Bahamonde, M. redonda
X. Alonso Montero
, Público asistente

"Amigos do Patrimonio de Castroverde" estivo nas Xornadas sobre RAMÓN PIÑEIRO



Xornadas “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX”
Organizadas pola Deputación de LUGO
23-26 de Marzo de 2009


Programa e conferenciantes
Acto solemne de apertura
Xornada 24/3/2009
Xornada 25/3/2009
Xornada 26/3/2009

22 marzo, 2009

A Deputación acolle as “Xornadas Ramón Piñeiro na Galicia do século XX”

Trátase do primeiro acto sobre o escritor no ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas

Gómez Besteiro destacou a personalidade do intelectual no que a política tivo un peso fundamental e marcou a súa traxectoria profesional

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este venres a “Xornadas Ramón Piñeiro na Galicia do século XX” que se celebrarán desde o 23 ó 26 de marzo no Pazo de San Marcos. Gómez Besteiro, que estivo acompañado do coordinador da iniciativa, Gustavo Adolfo Garrido, destacou que “tendo en conta que o Día das Letras Galegas deste ano está adicado á figura do polifacético intelectual Ramón Piñeiro, a Deputación non podía estar á marxe da homenaxe que se vai rendir a un dos lucenses máis influíntes da historia recente de Galicia.”.

O máximo mandatario provincial quixo destacar que Ramón Piñeiro foi un intelectual comprometido co tempo que lle tocou vivir. “Tivo un peso fundamental na evolución do galeguismo e a política non pasou desapercibida na súa traxectoria”.

Trátase do primerio encontro sobre o escritor no ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas. A entrada será libre. Gómez Besteiro destacou que durante os tres días daranse cita en Lugo distintas personalidades da intelectualidade galega que analizarán as múltiples facetas do homenaxeado: o político, o editor, o filósofo, o galeguista, o literato, etc. Sobre estas e outras cuestións disertarán figuras da talla de Darío Villanueva, Alonso Montero ou Víctor Freixanes. Tamén se darán cita no Pazo de San Marcos o ex presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, que relatará a súa relación persoal con Piñeiro, e todo o proceso que derivou na Autonomía que hoxe temos en Galicia.

Pola súa banda, o coordinador das Xornadas subliñou que “é moi importante para a Fundación Carlos Casares este acto, xa que había unha unión moi grande con Ramón Piñeiro. A iniciativa responde ó obxectivo de rendir unha homenaxe a este escritor, que foi un home de diálogo e tranquilo. Sacrificou a súa vida académica e política para adicarse ó que sabía facer, que era que Galicia funcionase”. Asimesmo, agradeceu a colaboración da Deputación e do seu Presidente, quen puxo a disposición da Fundación os equipos necesarios para que o simposio se celebrase en Lugo.

SEMANA FORESTAL 2009. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 26, 27, 28 de Marzo


20 marzo, 2009

PRÓXIMAS ACTIVIDADES ABRIL, MAIO E XUÑO

ABRIL
VIAXE CULTURAL A OURENSE
As persoas que queiran participar teñen que anotarse antes do día 28 de marzo
Día 6:
-Saída de Lugo ás 8:00h.
.Visita á citania de San Cibrán das Lás.
.Baixada a Barbantes para coller a autovía ata Ourense, saída
para Celanova.
.Visita a Celanova (mosteiro e Capela de San Miguel).
.Visita, se se pode, a Castromao
.Comida en Celanova
.Saída para Aquis Querquennis (Bande).Visita o complexo
romano e Santa Comba
.Visita, se hai tempo á Portela do Home (Via Nova romana).
. Dormir en Lobios
Día 7
-Saída direitiños a Allariz:
.Visita á Vila
.Visita a Ourense: Catedral, Burgas, barrio antigo.
.Visita a Oseira.
. Retorno para Lugo.
Día 25
ROTEIRO:
ARRUBIAL-MATELA-RESUBIL-FONTE DOS POIOS – AS CERNADAS – O COUSO – AZUREIRA – A ABELLEIRA
Amigos do Patrimonio e Arcas de Sarria.

MAIO
30 maio. Roteiro (varias asociacións) pola comarca de Ares-Ferrol.

XUÑO
Finais de xuño. Irmandamento dos Castroverdes en Castro Verde, de Portugal.
As persoas que van participar teñen que inscribirse antes do 15 maio.
Para contactar, no teléfono habitual

19 marzo, 2009

O domingo 15 de marzo do 2009


BREVE RESUME DA VISITA DO IV CICLO DO CAMPUS DE LUGO A CASTROVERDE

No domingo, día 15 de marzo, nun fermoso e agradable día, tivemos a honra de acompañar a Asociación do IV Ciclo para visitar Castroverde. Comenzamos camiñando desde o lugar de As Cambas, aldea de Vilar de Cas, parroquia de Moreira, para ir ata Soutomerille. Visitando a Casa de Arriba, o Campo Santo e a Igrexa, dando unhas breves explicacións da situación do Concello e do lugar onde nos encontrabamos, facendo referencia, brevemente, á orixe do topónimo e aos seus monumentos, explicación que non imos repetir aquí.
Seguidamente collemos o autobús na Pallota e subimos ata Castroverde, para facer un breve percorrido pola feira e, visitar a Torre e o núcleo do Castroverde vello. Breve explicación da súa historia, ao pé da torre puidemos ver, sorpresa, como parte da cornixa este da Torre cedeu, caendo unhas pedras, chamamos a atención desde aquí para que as administracións de Cultura, Concello..., tomén cartas no asunto.

Logo baixamos ata Bolaño, visitando o castiñeiro de Riazor, dando unha explicación da Cova da Valiña, para facer un
percorrido pola aldea, visitando; a ponte, o quisoco da música, as lagas de enlagar o liño, o hórreo, o forno de cocer o cal e a igrexa. Deste xeito finalizamos as visitas da mañá.
Pola tarde, visita á capela do Carme e fonte do romeiro, con explicacións de D. Manuel, Sr. cura párroco de Vilabade, a quen lle dámos as grazas desde aquí pola axuda prestada. Logo visita á igrexa coas súas correspondentes explicacións. Para finalizar no salón de plenos do Concello, proxectamos para os visitantes, Terras de Castroverde.
Foi un día completo e agardamos que tan ilustres visitantes volvan máis veces a nosa terra.
Saúde e Terra.
Manolo Muñiz