Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

01 abril, 2007

Breve resume da viaxe ao Concello de Vedra

(24-03-07)

O pasado sábado, día 24, as Asociacións de Muiñeiros “Santa Lucía” e os Amigos do Patrimonio de Castroverde, visitamos o Concello de Vedra.

Nada maís chegar fomos recibidos polas técnicas e técnicos do Concello e polo Sr. Alcalde de Vedra e algúns dos seus Concelleiros. Logo de darnos a Benvida, as/os técnicas/os explicaron brevemente como fora a historia da rehabilitación dos muíños e o seu atractivo turístico, comenzando pola resconstrución da Casa dos Peóns (unha antiga casa dos Camiñeiros, das nosas “Casillas”, diría eu), a seguir baixamos ao rego do río Pereiro onde puidemos ver varios muíños, reconstruídos en menos dun ano, e como foi motivo dun atracativo turístico, agardamos que aos nosos paisanos, representantes políticos e a nós mesmos nos servira para aprender algo máis. A seguir visitamos outros muíños que coa mesma desviación da auga aproveitaban para moer, e que serán rehabilitados proximamente.

Logo visitamos o muíño de Reboredo, ao pé do río Ulla, con cinco pedras, cada unha para súa cousa; unha pedra para moer o xofre, outra para o centeo, millo, trigo...

Logo subimos ao Mirador de Gundián, ao pé da ponte da vía do tren, unha maravilla de Mirador sobre o río Ulla, milagre que se salvara dun encoro. Seguimos para visitar o albergue de peregrinos, ao pé do Camiño da Prata, para visitar finalmente a igrexa e a fonte de Santiaguiño, a súa historia fálanos dos anos mil seiscentos e pico, mais pensamos que é moito máis antiga, e que habería unha antiga capela, cando menos, románica ou prerrománica.

Pola tarde visitamos a grandiosa finca do Pazo de Ortigueira ( da familia dos Armada), con pazo, capela, fonte, hórreo, muíño, invernadoiro. Con prantas de todos os Continentes.

Por citar algo, unha Sobreira de 500 anos, Fienteira de 250 anos, un Camelio de 300 anos, un Ombú ? de máis de 200 anos, un paseo dos Oliveiros de 500 anos, etc. Digno de ver, dicir que un Concello con este atractivo, xa pouco máis precisaría, sempre que deixen visitar a finca. Unha finca de 36 hectáreas.

Con esta visita rematou a viaxe. Desde aquí damos as gracias aos organizadores, a aos que nos acompañaron na visita, técnicos e representantes políticos do Concello de Vedra.

Finais de marzo de 2007

Páxina web do concello de Vedra

No hay comentarios: