Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

01 mayo, 2007

Convocatoria do roteiro de maio

A Marronda e outros lugares, 17 de maio, de 2007

Coa participación da Asoc. Franacisco Lanza de Ribadeo e Amigos do Patrimonio de Castroverde

- Ás 9:30 h. No Concello do Cádavo. Lugar de encontro e de partida, na praza do Concello. (Trataremos de saír puntuais)

-Visita ao nacemento do Eo en Fonteo.

(Ver a páxina da Asociación de Amigos da Marronda)

-Ruta (para algúns a pé) de Fonteo a Sampaio de Cubilledo, podendo ver aceña de Cuenzas, Ovapiscis do Eo e continuando a pé uns 3 kms ao longo do Eo e do Carballal. Fermoso paseo!!!

-De alí en bus ata a igrexa de Cubilledo (para visitar unha das igrexas de Baleira). A xente que queira pode baixar a pé desde O Castro ata a igrexa.

-Volta en bus ata Sampaio de Cubilledo e visita a unha fervenza xunto a aceña de Serra.

-En bus e ou a pé desde Sampaio ata Esgrade, Castrelo e Espiña.

-Subida á Marronda para ver algunhas especies autóctonas.

-Logo baixada a Martín (chan moi inclinado, pero que non hai problema para un autobús medio en toda a ruta).

-Dende Martín pódese ir andando ata a Cortevella. É chán e vai ao longo do río.

-Visita á area recreativa xunto meandro do rio Eo. (Sitio para unha boa merenda!)

Volta ao Cádavo pola muíña.

Nota: Se se fai moi longo o percorrido, teremos que adapatalo ao noso horario.

-Ás 14:00 h. Xantar no restaurante Moneda do Cádavo

Pola tarde.

Para os que queiran e poidan.

-Baixar a Vilabade e participar ás 18:00 h. na Actuación das Bandas de Música de Chantada e Guitiriz na Igrexa de Vilabade.

Para facilitar a organización:

Avisar antes do martes, día 15 de maio de 2007 ( Precisamos saber cantos imos ser, por motivo do(s) autobús(es) e para encargar a comida)

Asdo.: Manuel Muñiz
Castroverde -Lugo-, a comezos de maio de 2007

Coa colaboración do Plan Xacobeo, Concello de Castroverde e Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

No hay comentarios: