Axuda urxente para o Courel !
Amigas e amigos:
Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar
Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”.
Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar:
Na ladeira este da Serra, quedaban fóra as cuncas, xa totalmente aniquiladas do ríos Pacios e Vilarbacú, onde traballan 5 macrocanteiras de pizarra.
Pero tamén deixaban fora na ladeira oeste:
A cunca do Ferreiriño, para abrir xunto ao Pregue Tumbado do Courel a concesión CUPA II.2
E a metade sur da cunca do Lor, onde estaba previsto abrir 2 novas macro canteiras, CUPA II.3 e ILUSIÓN.2 e legalizar “La campa”, que traballaba xa, sen licencia municipal nin autorización do Consello da Xunta e con unha orden de peche de Urbanismo.
Agora, no 2007/2008, definitivamente o Courel será Parque Natural, un pouco máis extenso ao norte, que na proposta do 2005, pero outra vez gravemente mutilado ao sur, para as mesmas canteiras e as mesmas novas concesións; moi pronto 9 macrocanteiras canteiras á vez, “explotaran” a Serra.
Esta declaración que se invalida a si mesma, é a “sentencia” definitiva do Courel. Logo coa inminente próxima aprobación da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, Folgoso do Courel será declarado Concello Mineiro (artigo 46, páxina 28). E por presunto interese social, a minaría terá prioridade sobre o Parque Natural e poderán ir recortándoo na medida das “necesidades” .
Do Pregue Tombado do Courel pouco queda que dicir, un fito xeolóxico único en Europa.
Pero a metade sur da cunca do Lor tamén é algo único dentro da Rede Natura, unha das rarezas que fan extraordinario ao Courel, tratase da profunda incursión da zona bioxeográfica Mediterránea no interior da Atlántica, de excepcional riqueza faunística, un dos últimos hábitats do bufo real na Galiza, ave en perigo de extinción. As terras de Santa Eufemia, Baldomir, Vilamor, Froxán, Vilar, Castro Portela, Salcedo, a Montaña do Lor, Barxa de Lor, ... ; todo isto quedará fora do Parque Natural, todo por mor da “obsesión de non dar gastado os recursos naturais”
A urxencia deste correo ven dada ante a inminente legalización da canteira “La Campa” por o Consello da Xunta de Galicia, tal e como se nos comunicou dende todos os Organismos Sectoriais competentes. A documentación xa está preparada na Comisión Superior de Urbanismo, para ser examinada. Xa alegamos reiteradamente ante as Administracións, que esta é unha explotación imposible por estar totalmente cercada polos ríos Lor e Loruda, por varios núcleos de poboación, pola estrada LU-651, polo souto de Santa Eufemia e no medio de un Espacio Natural. Máis cedo que tarde terá que ser clausurada, pero acontecerá despois de legalizada, e terá que indemnizarse á empresa con cifras astronómicas con cargo aos Fondos Públicos.
¿ Que lle pedimos as Administracións para o Courel?
Que se devolva á Rede Natura a superficie da cunca do Lor que se descualificou no 2004, deixándoa fóra do Espazo Natural e deixando este territorio partido en dous, impedindo a súa función como o corredor biolóxico que une os Ancares e o Canón do Sil, tamén dous espazos da Rede Natura. E máis agora, que se prometeu case duplicar a superficie total da Rede Natura na Galiza.
Que poñan xa de inmediato en marcha un Plan Urxente, no que participen todas as Administracións, para a recuperación ambiental, do patrimonio arqueolóxico, etnográfico, arquitectónico, e da paisaxe tradicional.
Este Plan debe estar implementado cun orzamento digno e suficiente, para a creación de empregos directos, que nós, no resumo do Plan de Desenvolvemento para o Courel, que enviamos a todas as administracións en novembro de 2005, calculamos en máis de 150 traballadores; para os que se necesitaría destinar aproximadamente 3 millóns de euros anuais. Esta cifra non é nada disparatada se temos en conta que no Principado de Asturias, con máis número de parques naturais, ningún recibe menos de 6 millóns de euros ao ano, así no Parque Natural de Somiedo empregaranse durante este ano 7,7 millóns de euros.
Neste plan debese incluír necesariamente a dotación de servizos á poboación, para equipara o Courel ao resto da Galiza (sanitarios, asistenciais, culturais, de transporte, ...). Esto propiciaría, entre outras moitas cousas o retorno de emigrantes xubilados, para poder desfrutar por fin da súa Terra e na súa casa.
A mellora da imaxe do Courel e a “seguridade de futuro”, multiplicaría a inversión privada e propiciaría a creación de empregos indirectos.
Xa se quedou en que a Rede Natura tiña garantida a cofinanciación da Unión Europea. Ademais moitas institucións e fundacións están desexando colaborar; parece ser que unha Corporación Financieira Galega anda mirando de comprar unha Illa Atlántica e ao parecer tamén unha Devesa no Courel, e nos estamos seguros de que comprará tamén, a súa propia canteira que traballa no medio da cunca do Lor, entre Santa Eufemia e “a Campa”, para levar a cabo unha restauración ambiental exemplar”.
¿ Que podes facer ti para axudar ? e mais Sinaturas Parque Nacional Courel
(Se puxas enriba baixarás o texto completo e mais as xestións para facer chegar o teu apoio a
Asociación SOS Courel). O seu enderezo: soscourel@mundo-r.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario